InicioMedio Ambiente e PatrimonioPontevedra, a provincia menos afectada polos incendios este ano

Pontevedra, a provincia menos afectada polos incendios este ano

A Coruña é a provincia con máis hectáreas queimadas en 2019, segundo datos de EFFIS-Copernicus, o Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais da Unión Europea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

INFORMACIÓN COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

En Galicia levan ardidas este ano 3.581 hectáreas por lumes de máis de 20 hectáreas, segundo os datos de EFFIS-Copernicus, o Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais da Unión Europea con datos dos satélites. Estes cálculos supoñen case mil hectáreas máis que as oficialmente contabilizadas o pasado ano en total pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que inclúen os incendios de calquera dimensión.

Contra as tendencias habituais, este ano a provincia de Pontevedra é a menos afectada polos incendios. Un estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA mostrou que as provincias de Pontevedra e Ourense son as que presentaron maior incidencia de lumes en toda España, entre os anos 1974 e 2010.

Porén, este ano semella haber un cambio de tendencia, cando menos se falamos de lumes con superficies queimadas superiores ás 20 hectáreas. Segundo os datos do Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais, A Coruña está sendo a provincia máis afectada, cun total de 1.418 hectáreas ardidas no que levamos de ano.

Ao contrario, Pontevedra, acostumada ás vagas de incendios, está salvándose este ano da queima. No que levamos de ano, segundo datos de EFFIS, esta provincia só presenta un rexistro dun incendio de gran magnitude que queimou 135 hectáreas, rexistrado o 4 de xaneiro, cando se produciu unha vaga de lumes no sur do país en pleno inverno.

INFORMACIÓN COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...