InicioEstá a veciñanza de Tomiño a encargarse da reciclaxe dos seus residuos?

Está a veciñanza de Tomiño a encargarse da reciclaxe dos seus residuos?

O Concello de Tomiño fai campaña polo uso correcto dos colectores de lixo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño, coa axuda dos axentes da Policía Local, vén desenvolvendo nas últimas semanas unha campaña de control de uso adecuado de colectores, por parte dos cidadáns.

Os axentes destacan como incidencias máis salientables no Concello, o depósito indebido nos colectores verdes, ou no seu entorno, de restos de herba ou podas, ou de residuos de obra. Tamén é frecuente atopar restos orgánicos depositados sen bolsa, e nun número menor de casos, téñense atopado residuos de despezamentos cárnicos e rodas.

Por outra parte, nos colectores de envases, é frecuente atopar embalaxes de plástico de uso comercial. Finalmente, tamén é habitual atopar mobles e aveños fora dos días e horas oficiais de recollida.

Obras dos colectores soterrados / Concello de Tomiño

Os casos máis graves, segundo os axentes, foron depósitos indebidos de uralita, xa que este material conta cun compoñente moi contaminante e prexudicial para a saúde, o amianto, o que fai que sexa preciso un xestor autorizado para a súa manipulación e eliminación.

Os expedientes asociados a este tipo de incumprimentos da Ordenanza Municipal de Medio Ambiente e Limpeza Viaria, poden levar multas de entre 750 euros, para as infraccións leves, e 30.000 euros para as máis graves.

Segundo informa a concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, a maior parte das infraccións son inspeccionadas grazas ás notificacións de denuncias de persoas que se dirixen ás oficinas municipais directamente, ou mediante chamadas telefónicas, ou correos electrónicos, cando observan que se produce algún depósito inadecuado de residuos.

“O traballo da Policía Local está sendo excelente e é imprescindible para atallar este tipo de delitos, que non esquezamos que repercute nos costes que todos e todas, pagamos para a recollida e tratamento do lixo”, engadiu.

Colectores / Concello de Tomiño

“Neste sentido, animamos á cidadanía a que colabore con nós e contacte a través de calquera medio para notificar este tipo de infraccións. A maior parte da poboación está claramente concienciada e segue as normas, pero non se poden permitir este tipo de comportamentos incívicos e insolidarios”, comenta a responsable desta área municipal.

Por outra banda, o Concello vén de rematar a extracción e eliminación dos colectores soterrados da Praza da Mina, debido aos numerosos problemas que viñan ocasionando. A Concellaría de Medio Ambiente instalará en breve unha nova illa de colectores verdes e de recollida selectiva, coma os colocados xa en varias zonas do núcleo urbano.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...