InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Parque Nacional das Illas Atlánticas conta co seu primeiro hotel de...

O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta co seu primeiro hotel de insectos

Trátase dun habitáculo para a cría e hibernación de insectos como as abellas silvestres ou avespas escavadoras co fin de preservar os seus ecosistemas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas conta xa co seu primeiro hotel de insectos, unha iniciativa coa que se facilitará un habitáculo e un lugar de cría e hibernación para este tipo de organismos co fin de preservar os seus ecosistemas.

O proxecto foi inaugurado este martes en Sálvora, coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o obxectivo é estendelo ao resto do parque e así contar a medio prazo cunha instalación deste tipo en cada arquipélago.

A asociación Amicos foi a colaboradora esencial para impulsar esta iniciativa no parque. As estruturas están elaboradas a partir de naturais propios da zona, como piñas e restos de madeira, ladrillos perforados ou fragmentos de antigas tellas recicladas.

Esta instalación dará acubillo aos insectos presentes en Sálvora, como abellas silvestres, avespas escavadoras e outro tipo de seres propios da illa.

Ao tempo, permitirán impulsar traballos de educación ambiental e axudarán a divulgar a importancia destes organismos de cara á conservación da biodiversidade e ao equilibrio ecolóxico.

As construcións refuxio situaranse en puntos asollados e protexidos da zona, resgardados do vento e a choiva e próximos a areas con plantas silvestres e arbustos.

ÚLTIMAS

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...

Rouban 100.000 euros en xoias nun chalé de Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer un asalto a un chalé de Vigo, do que...