InicioMedio Ambiente e PatrimonioO profesor Doldán (USC) denuncia que a Plataforma pola Sostenibilidade Rural vai...

O profesor Doldán (USC) denuncia que a Plataforma pola Sostenibilidade Rural vai en contra do rural

A nova Plataforma foi constituída por empresas mineiras, forestais e mais o sindicato Unións Agrarias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O profesor de Economía Aplicada na USC, Xoán Ramón Doldán, vén de denunciar nun artigo de opinión que foi publicado simultaneamente no web da asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo e no da plataforma ContraMINAcción, que a nova Plataforma
creada coa denominación “pola Sostibilidade Rural”, vai na dirección contraria do que é verdadeiramente sustentable para o noso rural:“Non hai unha minaría sostíbel, nin monocultivos forestais sostíbeis”, afirma cotundente no seu artigo.

Asemade, denuncia a presencia dun sindicato agrario (Unións Agrarias), co-fundador desta nova Plataforma que se presentou aos medios o pasado día 24 de abril, da man de empresas da minaría e da explotación forestal baseada en monocultivos como o do eucalipto. Así, salienta “que un sindicato agrario como Unións Agrarias pida a sostibilidade
(real) do rural non é estraño, mesmo é esixíbel que o faga. Que para facelo se unan a algúns colectivos que obstaculizan a sostibilidade (real), é incomprensíbel”.

No seu artigo Doldán desminte diversos argumentos que estas entidades teñen presentado como causas do abandono do rural, como unha suposta protección medioambiental “excesiva”: “Foi a aplicación dun modelo de desenvolvemento convencional de carácter industrial e extractivista, impulsado por unha lóxica urbana e ao servizo desta (…)
a que levou a un abandono progresivo e acelerado da actividade agraria e a un abandono demográfico do rural. Afirmar que o exceso de lexislación ambiental é a causa principal, mesmo secundaria, do abandono do rural é simplemente unha falsidade“, conclúe este destacado representante galego da Economía Ecolóxica.

A plataforma que recibiu a crítica do profesor Doldán, confórmana, ademais de UU. AA., o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), a Federación de Aserraderos y Rematantes de Galicia (Fearmaga), a Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo, a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), a Asociación de Viveiros Forestais de Galicia (VIFOGA), a Confederación de Organizaciones de Selvicultores de España (COSE), a Cámara Mineira, o Clúster da Pizarra de Galicia, o Clúster do Granito, a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL) e a Confederación Española de Industrias Extractivas de Rocas y Minerales Industriales (COMINROC).

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...