InicioPonteareas celebrará o Día da árbore reforestando espazos naturais danados polos lumes...

Ponteareas celebrará o Día da árbore reforestando espazos naturais danados polos lumes de 2017

A nova plantación ascenderá a 500 árbores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Con motivo do día da árbore, a concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, e a concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas.

Por cuarto ano consecutivo o alumnado ponteareán reforestará os montes comunais en man común con carballos, castiñeiros, cerdeiras, bidueiros, nogueiras e pradeiros. Grazas á implicación e colaboración das casas comerciais plantaranse 500 árbores en zonas degradadas polos incendios forestais de outubro do 2017.

As empresas, comercios e asociacións de Ponteareas quixeron amosar o seu compromiso co medio ambiente patrocinando estas árbores. Cristina Fernández quere agradecer a cada un deles o seu grande apoio: Aluarmo, ANPA Ramiro Sabell, ANPA Guláns, Clínica San Miguel, FANPO, Laureano Covelo, Maderfri, Sestelo e Tesis, ademais das empresas como Ecocelta que facilita o abono orgánico realizado cos restos de poda recollidos do concello; Aguas de Mondariz que repartirá refrescos e augas nestes días de plantación; e aos rosquilleiros das confiterías Ancla, Dinguilindín, La Marquesina, Regino e Troncoso grazas aos que se reporán os folgos con rosquillas de Ponteareas.

Máis de 1.000 alumnas e alumnos beneficiaranse desta actividade transversal e aprenderán o proceso de plantación, adquirirán coñecementos sobre a vida das árbores e os seus coidados e medrarán como persoas dando un paso máis na posta en valor do medio ambiente, da natureza e do noso patrimonio paisaxístico.

“Esta actividade non só persegue a reforestación dos montes se non tamén adquirir valores medioambientais, aprender a traballar coas mans e participar nun ensino máis práctico e experimental”, explica a concelleira.

Deste xeito, o luns día 11 ás dez da mañá o alumnado tomará o territorio na confluencia das lindes das parroquias de Moreira e San Mateo para plantar 260 árbores. Ese mesmo día as alumnas e alumnos do CRA citaranse co alumnado do CIFP A Granxa en Ponte Caneiro, Pías, para plantar 60 árbores. Os máis maiores tomarán o papel de titores para amosar aos máis cativos o traballo a realizar.

O martes día 12 ás 10 horas no monte veciñal en man común de Santiago de Oliveira atoparán o seu novo fogar 60 novas árbores e outras 120 no monte de San Cibrán, en Guláns, a partir das doce do mediodía. O alcalde Represas traslada tamén o seu agradecemento as empresas participantes así como ás comunidades de montes que facilitan o espazo e parte do traballo.

Xosé Represas salienta a importancia de concienciar a unha cidadanía que medrará e vivirá baixo as premisas da estratexia europea “Ponteareas, Hábitat Saudable”. “A sostibilidade, o respecto polo medio ambiente e a axeitada convivencia das persoas co entorno son algunhas das sinais de identidade do futuro de Ponteareas. Esta xornada de convivencia e de clases prácticas permite a participación e a interactuar directamente”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...