InicioMedio Ambiente e PatrimonioA madeira queimada acumúlase sen que ninguén a recolla

A madeira queimada acumúlase sen que ninguén a recolla

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Forestal de Galicia trasladou a preocupación das comunidades de montes poloatraso na curta da madeira queimada nos lumes do pasado mes de outubro, e reclamou a posta en marcha con fondos públicos dun plan para recuperar as masas forestais afectadas de Galicia.

Nun comunicado, este colectivo insistiu en que, pasados máis de catro meses desde os incendios, “unha parte importante da madeira queimada continúa nos montes“, sendo un “problema especialmente significativo” nos montes con convenio coa Xunta, nos que as poxas se están convocando “con atraso”.

Tal e como sinalou, os atrasos nas curtas “están depreciando a madeira de valor comercial”, o que repercute en perdas para os propietarios; e ademais hai saturación de madeira no mercado, polo que parte dos lotes que se poxan están a quedar desertos.

Ademais, advertiu do risco que supón non sacar a madeira en localidades como As Neves e Salvaterra, que ao estar dentro da zona demarcada pola praga do nematodo do piñeiro deben retirar antes do 1 de abril de cada ano todas as árbores susceptibles de albergar este insecto para evitar novos focos da praga.

Efecto dos incendios de outubro 2017 nos montes de Coruxo / Miguel Núñez

En canto á madeira sen valor comercial –maioritariamente plantacións de poucos anos–, a asociación apuntou que a Xunta convocou no outono axudas para retirala, “pero por agora non aprobou as solicitudes presentadas, polo que esa madeira continúa no monte”; e ademais segue pendente que a Administración concrete o seu compromiso de asumir a trituración desa madeira.

Pola súa banda, A Xunta negou “ningún tipo de atraso” na curta da madeira queimada en outubro e di que poxou o 100%.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...