Vídeo: protestas contra a caza do raposo

Activistas concéntranse en Cerdedo-Cotobade contra os cazadores que participaron no campionato provincial.

Un cento de activistas concentráronse este sábado para protestar contra a caza do raposo no marco do campionato provincial que se celebra en Cerdedo-Cotobade, á par que o coruñés en Irixoa, Monfero, Vilarmaior, Pontedeume e Cabanas.

Baixo o lema “A morte non é un deporte”, os animalistas concentráronse na zona de acceso dos cazadores, que foron recibidos con berros e unha sonora pitada e bucinazos, protexidos por axentes da Garda Civil, que levantaron da estrada os manifestantes ao paso dos participantes no campionato cara o chamado “punto limpo”, onde se depositan os cadáveres de centos de raposos.

As protestas non só veñen das organizacións animalistas e de cidadáns indignados. Partidos como En Marea ou Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, que critican duramente ao goberno galego pola autorización e patrocinio destas matanzas masivas de raposos e pola falta de control.

1 COMENTARIO

  1. Dicir que a caza é un deporte e pervertir a linguaxe. O deporte e nobreza, competición limpa, afán de superación A caza, e máis un “campionato” coma este (a ver quén mata máis), no é outra cousa que un pasatempo sanguiñento.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here