O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de Santa Marta e A Ladeira galardonadas recentemente co distintivo de bandeira azul da Asociación privada ADEAC. A medida chega despois de que o SERGAS publicase os resultados das analíticas correspondentes do pasado 14 de xullo, que, segundo fontes consultadas pola redacción, motivaron a sinalización das zonas afectadas.


A cronoloxía pública xerou preocupación entre veciños e colectivos locais: o informe analítico do 14 de xullo foi publicado polo SERGAS, pero o aviso municipal nas redes sociais e a colocación da sinalización informativa producíronse o 17 de xullo, tres días despois. Esa diferenza temporal levou a preguntas sobre se a poboación foi informada con suficiente rapidez para protexer a saúde pública.
A normativa non indica os prazos de notificación, e tampouco o SERGAS indica a data de publicación dos resultados. Só mentes consta a data publicada da analítica. Por outra banda, a sede electrónica do concello de Baiona non consta ningún bando informativo no seu taboleiro de anuncios, pero si na súa web oficial.
O que din os criterios sanitarios
A normativa europea e estatal sobre augas de baño obriga a controlar a calidade microbiolóxica e a informar á poboación cando se detectan niveis que supoñen risco. En Galicia, os criterios técnicos empregados polo SERGAS consideran que, cando os parámetros microbiolóxicos superan certos umbrais, débese desaconsellar ou prohibir o baño. Segundo os criterios que aplica a administración sanitaria autonómica, valores elevados de enterococos intestinais (por exemplo, superiores a 1.500 UFC/100 ml) e de Escherichia coli poden levar á cualificación da auga como non apta para o baño e á adopción de medidas de xestión e comunicación.
As últimas analíticas realizadas o 14 de xullo confirmaron unha forte contaminación microbiolóxica nas praias de Santa Marta e A Ladeira. En Ladeira detectáronse un valor sen precisar de máis de 2006 NMP/100 ml de E. coli e 238 NMP/100 ml de enterococos, valores que superan amplamente os límites permitidos para o baño. A situación foi aínda máis grave en Santa Marta, onde ambas bacterias acadaron máis de 2006 NMP/100 ml, unha concentración que evidencia a presenza masiva de augas fecais.
Un feito que xa non é puntual
O pasado 22 de xuño o Concello de Baiona comunicara o fin dun episodio de contaminación en Santa Marta tras a reparación dunha obstrución no colector e no bombeo do río Baíña; entón os informes do Laboratorio de Saúde Pública indicaban niveis aceptables e a praia quedou aberta. Neste incidente o concello recibiu críticas por non darlle a suficiente publicidade ao aviso sanitario e limistarse a colocar carteis no panel informativo da praia, sen advertílo nun bando público, nota de prensa ou nas súas propias redes sociais. Foi a raiz da publicación nesta última, a que obrigou ao concello a sair ao paso das críticas, e xa coa resolución do fin da restricción por parte da Xunta.
Unha sinalización minúscula e bandeira azul ondeando


Ante estes resultados, o Concello de Baiona activou a prohibición inmediata do baño para garantir a seguridade sanitaria da veciñanza e visitantes. Pero moitos usuarios considera insuficiente a colocación de un simple cartel de tamaño A4 nos paneis de información da praia. Denuncian que eses carteis son tan pequenos pasan desapaercibidos para un areal como Ladeira que mide 1,6 kilómetros. Moitos consideran que o concello deberían copiar o protocolo de outros concellos como Vigo onde a policia local pecha ao baño a praia colocando sinais visibles repartidas no propio areal, e solicitando aos bañistas sair da auga .
Mentres non se comunique a reapertura, as autoridades recomendan respectar a prohibición e absterse de bañarse nas praias afectadas, pese a que bañistas seguían mergullándose hoxe nas augas de Ladeira e Santa Marta, alleos ás recomendacións. Por descoñecemento ou por imprudencia.
Pese a este eposidoio de contaminación os dous areais mantiveron alzadas as bandeiras Azuis da ADEAC, dando a falsa apariencia de normalidade e o cumplimento de estandares de salubridade das súas augas.


Os perigos de bañarse en augas contaminadas por vertidos fecais
A presenza de augas fecais no mar supón un risco sanitario evidente para a poboación. Cando se producen vertidos ou arrastres de residuos tras episodios de choiva intensa, a concentración de bacterias, virus e parásitos pode dispararse, facendo que o baño deixe de ser seguro. A exposición a esta auga contaminada pode provocar gastroenterites, vómitos, diarreas severas, febre e outras infeccións que afectan especialmente a nenos, persoas maiores e colectivos vulnerables.
Entre os patóxenos máis habituais nestas situacións atópanse bacterias como E. coli, Salmonella ou Shigella, capaces de causar cadros dixestivos agudos. Tamén poden aparecer virus como o norovirus ou o rotavirus, moi contaxiosos, e parásitos como Giardia ou Cryptosporidium, que provocan diarreas persistentes. Ademais, o contacto da pel con estas augas pode derivar en infeccións cutáneas, otites ou complicacións en feridas abertas.
Por todo isto, cando se detectan niveis elevados de contaminación fecal, as autoridades sanitarias recomendan evitar o baño ata que as analíticas confirmen que a auga recuperou condicións seguras. Trátase dunha medida preventiva esencial para protexer a saúde pública e evitar a aparición de brotes de enfermidades asociadas á contaminación microbiolóxica.
O PSdeG esixe explicacións claras e sinala que o goberno local “sempre chega tarde” nesa rendición de contas informativa.
“O que xa pasou en Santa Marta repítese agora na Ladeira e confirma que isto non é algo puntual: é o resultado dunha xestión ambiental sen control nin respostas.
Baiona merece saber que está pasando, de onde vén o problema e que medidas se van tomar para que non volva repetirse.
Porque mentres Almuiña fala de sustentabilidade, a súa xestión coloca Baiona no mapa pola contaminación.” Sinalan os socialistas.
Estas declaracións contrastan coa traxectoria destes areais que sufren constantemente a contaminación por aguas fecais sen que ningún goberno municipal actuase activamente en solventar os problema.
