InicioMedio Ambiente e PatrimonioAqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia os novos resultados das mostras recollidas en distintos días do pasado mes de febreiro en varios puntos da rede da zona de Quintián (nos arredores do IES Beade), nas que se ratifica, como sucedeu anteriormente, a presenza de metais pesados (chumbo, ferro e níquel).

En concreto, as mostras recollidas por Saúde Pública en catro puntos diferentes do exterior do recinto do centro educativo confirman que existe unha “alta concentración” destes metais en acometidas municipais desa zona. Por iso, a Consellería de Sanidade comunicou os resultados ao goberno local e á concesionaria, instando á “identificación dos materiais da rede, das derivacións e das acometidas, e a presenza ou non de válvulas antirretorno e chaves de corte antes de cada acometida”.

Ademais, tamén se pide documentación técnica ou declaración responsable do fabricante dos materiais ou produtos que entren en contacto coa auga que demostre que están adaptados, así como información sobre as actuacións desenvolvidas para garantir que esta situación non se estea producindo noutras zonas de abastecemento.

O Executivo autonómico dá unha semana de prazo para que Concello e Aqualia acrediten as actuacións realizadas para investigar a procedencia dos metais, achegar un cronograma coas intervencións proxectadas e enviar a documentación solicitada. Tamén indica que, se non atende esta solicitude, podería ser cualificado como unha infracción “grave”.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...