InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta reitera que o abastecemento da cidade olívica desde Eiras non...

A Xunta reitera que o abastecemento da cidade olívica desde Eiras non está en risco e chegaría aínda que non chovese ata xaneiro

Nas últimas horas, Abel Caballero esixía a redución do caudal ecolóxico de Eiras (a cantidade mínima de auga que se alivia desde o encoro para garantir a vida das especies acuáticas e a fauna río abaixo) e acusaba á Xunta de querer deixar a Vigo "sen auga".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia insistiu este mércores en que o abastecemento de auga a Vigo desde a presa de Eiras non está en risco e que o volume de auga embalsada garante, co consumo actual, que non habería problemas, mesmo “aínda que non chovese” ata xaneiro. Así o trasladou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Angeles Vázquez, en declaracións remitidas aos medios. “Quero dar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía de Vigo, porque o encoro de Eiras está ao 53 %”, sinalou, e matizou que aínda non se está en situación de alerta.

“Os datos dinnos que, co consumo actual, Vigo non tería problema, aínda que non chovese ata xaneiro”, explicou, aínda que advertiu de que “iso non quere dicir que non se sigan facendo estudos e que non se teñan que tomar medidas por parte do Concello”. Nas últimas horas, Abel Caballero esixía a redución do caudal ecolóxico de Eiras (a cantidade mínima de auga que se alivia desde o encoro para garantir a vida das especies acuáticas e a fauna río abaixo) e acusaba á Xunta de querer deixar a Vigo “sen auga”.

Ante esas declaracións, Ángeles Vázquez sinalou que, “como humano”, o alcalde “ten dereito a equivocarse”, e engadiu que se as súas manifestacións foron “intencionadas”, “entón si que xa teriamos un problema”. Respecto diso, explicou que cando Augas de Galicia decreta a situación de prealerta por escaseza de auga (situación decretada para Vigo), “ten que garantir, por unha banda, o consumo humano, que é principal e primordial, pero tamén ten que garantir que haxa auga para que non teña problemas a fauna acuática”.

A conselleira lembrou que Eiras tiña un caudal ecolóxico de 0,8 m3/seg e reduciuse a 0,5 m3/seg. “E non hai necesidade, agora mesmo, de pór en risco a fauna acuática, porque aínda temos reservas suficientes”, engadiu, á vez que tamén matizou que nin á Xunta nin a Augas de Galicia “ocorreríaselles subir o caudal ecolóxico”, tal e como afirmou Abel Caballero, “porque en época de prealerta o que se fai é baixalo, nunca subir“.

ÚLTIMAS

A Xunta acusa Caballero de tratar a auga como se fose súa e pide unha xestión supramunicipal para Vigo e o Val Miñor

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático cargou este domingo contra o alcalde...

Vigo abastecerá de auga a Baiona desde o luns e carga contra a Xunta: “Onde está a Administración que ten que resolver o problema?”

O Concello de Vigo confirmou que atenderá a petición de Baiona e comezará a...

Protesta ante Stellantis polo despedimento dunha traballadora dunha auxiliar candidata ás eleccións sindicais

Traballadores de Grupo UB, empresa auxiliar do sector da automoción, concentráronse este venres ante...

Vigo acollerá a final de mes o Exercicio Nacional de Loita contra a Contaminación Mariña-POLEX 2026

A Dirección Xeral da Mariña Mercante (DGMM), en colaboración con Salvamento Marítimo (Ministerio de...