InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG denuncia un novo "arboricidio" do "alcalde-leñador" entre Rosalía de Castro...

O BNG denuncia un novo “arboricidio” do “alcalde-leñador” entre Rosalía de Castro e Areal

O portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que Caballero "levou adiante a súa pretensión de retirar o arboledo coa humanización da zona", a pesar das protestas veciñais, polo que o BNG esixirá explicacións na próxima Comisión Informativa de Medio Ambiente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este martes un novo “arboricidio” do goberno de Abel Caballero, ao que define como “alcalde-leñador”, tras unha talla de árbores con motivo do reinicio das obras no Canellón do Balado, entre as rúas Rosalía de Castro e Areal. Os nacionalistas censuraron que o goberno municipal “continúa actuando como un kamikaze ambiental”, e deixou en pé un único exemplar nesa zona, aplicando a súa “política de tallas absolutamente inxustificadas”. O portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que Caballero “levou adiante a súa pretensión de retirar o arboledo coa humanización da zona”, a pesar das protestas veciñais, polo que o BNG esixirá explicacións na próxima Comisión Informativa de Medio Ambiente.

ÚLTIMAS

Radiólogos de Vigo ven “insuficiente” a proposta de reforzo do Sergas e convocan unha concentración o luns 20

Radiólogos de Vigo cualificaron de "insuficiente" a proposta de reforzo exposta polo Servizo Galego de...

O comité da auxiliar de automoción Borgwarner convoca folga indefinida a partir do 15 de outubro

O comité de empresa da auxiliar de automoción Borgwarner, con centros de traballo en Vigo,...

Estas son as prazas aprobadas pola UVigo na súa OPE 2025 para persoal docente e investigador e de xestión e administración

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este venres a súa oferta pública...