InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG pide retirar o Vigo Area do novo PXOM porque "arrasa"...

O BNG pide retirar o Vigo Area do novo PXOM porque “arrasa” parte do bosque da Barroca “sen posibilidade de alegación”

Para o BNG "ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Area pode xustificar un arboricidio a gran escala".

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo reclamou este mércores a retirada do proxecto Vigo Area do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), xa que supón “arrasar” 25.000 metros cadrados de bosque, e sen posibilidade de alegación por parte dos veciños. Así o trasladou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras manter unha reunión con membros da plataforma ‘Salvemos a Barroca’.

Segundo denunciou, o documento inicial da PXOM contemplaba ese espazo como zona verde, pero modificouse a cualificación do chan para convertelo en dotacional, sen posibilidade de que os veciños poidan presentar alegacións agora. “Un cambio sen ningún tipo de transparencia”, advertiu, á vez que constatou que o goberno local “coou este atentado ambiental pola porta de atrás”. Para o BNG “ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Area pode xustificar un arboricidio a gran escala”, polo que pediu a súa retirada, así como a doutros proxectos que “queren condenar a Vigo a un modelo de cidade gris cemento”.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...