InicioMedio Ambiente e PatrimonioA planta de residuos de Guixar recibirá un investimento de 2 millóns...

A planta de residuos de Guixar recibirá un investimento de 2 millóns e nunha nova tolva para orgánicos

A obra, para a que o Concello de Vigo deu licenza "despois dun ano e medio" e que xa comezou, permitirá renovar a envolvente da planta, renovar os equipos de protección contra incendios, mellorar o pre-tratamento e construír uns novos vestiarios, entre outras melloras

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia dedicará dous millóns de euros á execución de obras de mellora e á colocación dunha nova tolva para biorresiduos na planta de transferencia de Guixar, en Vigo, unha actuación que estará lista en abril próximo e que permitirá completar a rede galega de plantas para a xestión de residuos orgánicos impulsada por Sogama.

Así o trasladou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, que este martes visitou as instalacións de Guixar, xunto ao presidente de Sogama, Javier Domínguez, e a delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz.

A obra, para a que o Concello de Vigo deu licenza “despois dun ano e medio” e que xa comezou, permitirá renovar a envolvente da planta, renovar os equipos de protección contra incendios, mellorar o pre-tratamento e construír uns novos vestiarios, entre outras melloras. Así mesmo, instalarase a nova tolva para biorresiduos, cunha capacidade para procesar 10.500 toneladas.

Esta tolva súmase ás dúas que xa existen, para o procesamiento da chamada fracción resto (unhas 100.000 toneladas anuais) e a dos colectores amarelos, de bricks, latas e plásticos (3.500 toneladas). Ademais, a planta de Guixar completou o ano pasado a renovación de todos os compactadores de residuos.

Estas instalacións prestan servizo ao Concello de Vigo e cada día reciben entre 35 e 40 camións de residuos. A conselleira destacou que, coa nova tolva, xa presente no resto da rede de plantas de transferencia de residuos, facilítase aos concellos o cumprimento da nova normativa.

Con todo, matizou que “se podería facer mellor coa separación en orixe”, xa que, no caso da planta de Vigo, aínda chega certo volume de residuos como restos de obra, ou cartón e plástico que non foi separado. “Se é obrigatorio ter 5 colectores, o lóxico é separar”, explicou.

Nese sentido, Ángles Vázquez sinalou que Vigo separa para reciclar o 13 % dos residuos, unha porcentaxe que debería chegar polo menos ao 40 %. Iso suporía, ademais, un aforro duns 2,5 millóns de euros.

A conselleira lembrou tamén que a Xunta investiu 45 millóns de euros na posta en marcha da rede de infraestruturas para a xestión de biorresiduos, integrada por 13 plantas de transferencia e 4 plantas de compostaxe, unha por provincia.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...