InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG reclama aumentar o control no río Lagares "ante as continuas...

O BNG reclama aumentar o control no río Lagares “ante as continuas verteduras ilegais”

Fíxoo despois de que, esta fin de semana, as augas do río aparecesen tinguidas de branco con aspecto de sufrir unha vertedura xabonosa nunha zona próxima á Avenida de Madrid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou este luns reforzar as medidas de control no río Lagares ante as “continuas verteduras ilegais” na súa canle e despois de que, esta fin de semana, as augas do río aparecesen tinguidas de branco con aspecto de sufrir unha vertedura xabonosa nunha zona próxima á Avenida de Madrid. Por iso, o grupo municipal nacionalista pediu ao goberno local que adopte medidas de urxencia para axilizar a detección de verteduras e reducir o seu impacto.

“É necesario que o Concello mobilice máis medios materiais e humanos para evitar que o Lagares continúe sendo utilizado como unha gran cloaca”, advertiu o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, que reiterou a proposta de implantar un sistema de telecontrol para comprobar en tempo real os cambios na calidade da auga, un sistema similar ao que existe desde 2006, pero “inoperativo na actualidade por falta de mantemento”.

O edil do BNG tamén pediu “intensificar as inspeccións” por parte da concellaría de Medio Ambiente naqueles puntos onde as verteduras son “recorrentes” e que son “dabondo coñecidos” por parte do Concello. Finalmente, tras lembrar que o Lagares é o río galego que máis plástico verte ao mar (un 90 por cento do plástico que chega á ría de Vigo), volveu a pedir que se inicien os trámites para declarar Espazo Natural de Interese Local (ENIL) os 17,5 quilómetros do curso fluvial deste río.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...