InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Concello de Vigo, "obrigado" a dar licenza para dous novos "mamotretos"...

O Concello de Vigo, “obrigado” a dar licenza para dous novos “mamotretos” de 35 metros en primeira liña de mar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Concello de Vigo concedeu licenza á empresa cementeira Tudela Veguin para a construción de dous silos de máis de 35 metros de altura en espazo portuario, en cumprimento dunha sentenza xudicial, e tras denegar inicialmente o permiso.

Así o confirmou a concelleira de Urbanismo, María José Caride quen, nunha gravación remitida aos medios, explicou que a Xerencia de Urbanismo “viuse obrigada” a conceder esa licenza, despois dun informe favorable do Porto e tras unha sentenza que “rectifica” a decisión do Concello de denegar o permiso.

A edila socialista sinalou que a administración municipal rexeitara dar a licenza por non considerar suficientemente xustificado que os novos silos “saltásense” a norma que limita a 10 metros de altura as construcións no espazo portuario, constituíndo unha nova “barreira visual” entre a cidade e o mar.

Os novos silos medirán 35,25 metros de altura e 12 metros de ancho, o equivalente a dous edificios de 11 alturas con dúas vivendas por planta, e a súa construción foi avalada, sinalou, “só por un criterio económico”. “O Concello entendía que había outras alternativas de menor tamaño, ou mesmo que se puxesen lindeiros cos silos xa existentes”, matizou.

Con todo, a empresa recorreu a decisión municipal e un xulgado deulle a razón, polo que a Xerencia de Urbanismo debe conceder a licenza “en cumprimento da lei e da interpretación da norma que fai un xuíz”. Con todo, María José Caride instou ao Porto de Vigo a reformar “canto antes” o seu Plan Especial para “delimitar de forma clara” os espazos onde se poderán superar os 10 metros de altura nas construcións, para “clarificar a concesión de licenzas e a ordenación de actividade no Porto”.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...