InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG propón que San Simón sexa declarada "lugar de memoria democrática"

O BNG propón que San Simón sexa declarada “lugar de memoria democrática”

Tras ser un "triste escenario da represión franquista".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou iniciativas nas Cortes Xerais para solicitar que a Illa de San Simón, na ría de Vigo, sexa declarada e protexida como “lugar de memoria democrática” tras ser un “triste escenario da represión franquista”. Así o avanzou a senadora do Bloque, Carme da Silva, quen pregunta tamén a opinión do Goberno central sobre esta proposta e sobre “se se está respectando a condición relativa ao acceso público e gratuíto” a esta illa, en vista de diferentes actividades que se celebran alí (por exemplo, concertos) “a cargo de empresas privadas”.

Segundo explicou Da Silva, a concesión vixente actual que ten a Xunta estipula que San Simón, que ten a declaración de ben de interese cultural (BIC), “non poderá dedicarse a usos distintos dos incluídos”, quedando “expresamente prohibido o uso hoteleiro”. Neste contexto, dado o pasado deste espazo vinculado á represión franquista, o BNG reclamará ao Estado que a illa sexa declarada “lugar de memoria democrática”, unha figura que contempla a nova lei aprobada en 2022 e que debe promover de oficio a dirección xeral competente na materia.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...