InicioMedio Ambiente e PatrimonioRetiran dúas toneladas de lixo dos fondos mariños de Bouzas

Retiran dúas toneladas de lixo dos fondos mariños de Bouzas

Entre eles, 25 pneumáticos extraviados dos que se colocan nas embarcacións para as operacións de atracada. Así mesmo, localizaron outra serie de obxectos como botes e botellas de plástico e de vidro, dous móbiles, un extintor e outros obxectos plásticos non identificables.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 44 persoas, entre mergulladores e persoal de apoio, participaron nunha nova iniciativa de Afundación coa que retiraron dúas toneladas de lixo dos fondos mariños de Bouzas, en Vigo. As inmersións, nas que participaron submarinistas da Confraría de pescadores de Vigo-Mariña Deportiva de Bouzas, da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas e do Liceo Marítimo de Bouzas, desenvolvéronse na mañá deste sábado.

Segundo informou Afundación, tras as tarefas de clasificación e pesada coas que concluíu a actividade, contabilizaron dúas toneladas de residuos retirados. Entre eles, 25 pneumáticos extraviados dos que se colocan nas embarcacións para as operacións de atracada e diferentes aparellos relacionados coa actividade pesqueira, como aboias, cubos, restos de cabos e cordas, nasas e redes.

Así mesmo, localizaron outra serie de obxectos como botes e botellas de plástico e de vidro, dous móbiles, un extintor e outros obxectos plásticos non identificables. Tras esta nova xornada de limpeza, son xa máis de 18 as toneladas de lixo mariño retiradas no marco deste programa no que vai de tempada en fondos portuarios, marisqueiros e outros enclaves e areais de Galicia, superando xa as 70 toneladas desde que se puxo en marcha esta iniciativa ambiental que este ano está na súa cuarta edición.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...