InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha concentración de veciños na rúa Falterra logra impedir a talla de...

Unha concentración de veciños na rúa Falterra logra impedir a talla de acacias negras programada polo Concello

Os operarios acabaron por marcharse sen levar a cabo esas tarefas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Membros da plataforma Amigas das Árbores e outros colectivos veciñais e ecoloxistas concentráronse este xoves na rúa Falperra para impedir a talla de varias árbores programada polo Concello de Vigo, e os operarios acabaron por marcharse sen levar a cabo esas tarefas. O Concello anunciara hai unhas semanas que se realizaría esa e outras tallas e podas en varios noiros da cidade para evitar riscos e garantir a seguridade. En concentro, na rúa Falperra a previsión era substituír as acacias negras por árbores frondosas.

Con todo, os colectivos que se concentraron criticaron que se pretende levar a cabo un “arboricidio” contra exemplares “sans”, e reiteraron as súas denuncias sobre a perda de masa verde na cidade. Así mesmo, sinalaron que pediron á administración o plan de tallas, sen ter resposta. A administración municipal anunciara o corte da rúa Falperra para ese xoves e este venres, co fin de levar a cabo eses traballos de talla por parte da empresa concesionaria.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

Mentres, o grupo municipal do PP esixiu “explicacións” ao goberno local sobre o plan de tallas que se está executando na cidade, e explicou que este xoves se presentou unha unidade de Seprona para reclamar os informes que xustifiquen a curta na Falperra “sen que ninguén puidese entregarllos”.

O portavoz do grupo, Miguel Martín, reclamou “total e absoluta transparencia” ao alcalde e que se faciliten os documentos aos colectivos que o solicitan, ademais de volver pedir ao concelleiro de Parques e Xardíns, Anxo Rivas, que compareza para dar explicacións. O PP preguntou “onde está o plan de podas municipal” e reclamou que, en caso de ser necesaria esa poda, as árbores sexan substituídos por outros do maior porte posible para que Vigo “deixe de perder masa verde”, ademais de levar a cabo unha correcta política de mantemento e prevención.

BNG, cuxo portavoz, Xabier Pérez Igrexas, participou na concentración deste xoves, reclamou ao goberno local a “anulación definitiva” da talla de árbores do noiro da Falperra, e puxo en evidencia o “amplísimo rexeitamento social” que provoca a “política arboricida” do goberno de Abel Caballero.

Tras constatar que os veciños “reclaman o seu dereito a unha cidade verde”, Pérez Igrexas demandou a convocatoria urxente do Consello Sectorial de Medio Ambiente do Concello, para pór en marcha un “Plan de Protección do Arboledo”. “Non podemos seguir soportando tallas arbitrarias e sen motivo, que se pretenden xustificar con invocacións xenéricas a problemas de seguridade, pero que van en contra da normativa ambiental”, advertiu o portavoz nacionalista.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...