Hai un ano produciuse unha enorme traxedia en Galicia, que puido ter sido moito maior, e lamentablemente si o foi no país veciño. Así, Portugal declarou ao eucalipto “cómplice” da morte de 64 persoas en Pedrogão Grande, e tras este shock decidiu ir en contra da lóxica mercantil e impoñer pola forza importantes restricións ás madeireiras. A principal, a redución dun 50% do eucalipto desde 2022.
E entón, a gran empresa lusa Portucel-Soporcel, rebautizada como The Navigator Company, co obxectivo de sufrir en menor medida esta normativa botou unha mirada decidida a Galicia, mentres que no seu país de orixe só se permite cultivar castiñeiros, carballos ou piñeiros.
Na nosa terra non se tomaron medidas a pesar do acontecido. De feito, na revisión do Plan Forestal a Xunta decidiu aumentar o cultivo de eucalipto, con 25.000 novas hectáreas a plantar máis o que se expanda polo lume, sendo unha especie pirófila.
A pesar de que a superficie de eucalipto na nosa comunidade está a crecer moito máis rápido que nas previsións da administración, non se efectuou aínda ningunha medida de reaxuste, e non existen moitos máis límites que o de non plantalos a menos de 30 metros das vivendas ou en zonas con arborada autóctona, mentres que a lei portuguesa prohibe expresamente a plantación de eucaliptais.

Hoxe en día, calcúlase que en Galicia hai 454.000 hectáreas de eucalipto, números moito máis elevados que os portugueses, que só contan co dobre de árbores desta especie nunha superficie moitas veces maior. En Galicia, só no que levamos de século a superficie de eucalipto aumentou un 65%.
Para coñecer o nivel de vendas desta empresa, en 2014 e aínda como Portucel vendeu 1.564 millóns de toneladas de pasta de papel. En 2017 falaba a empresa de chegar a Galicia, cando xa xestiona en Portugal 120.000 hectáreas. Polas restricións, que a empresa calculou que a afectarán durante 12 anos, busca novos horizontes.
E deféndense: “Se non fose por eses grandes incendios e a perda de vidas, a evaluación tería sido diferente”. Así, definen a lei de control do eucalipto como “incrible”. De igual modo, en Galicia ENCE cualificou calquera relación entre eucalipto e incendios como “avaliacións indocumentadas, inxustificadas e malintencionadas”.
Como contestación, o BNG acusou á política forestal galega de estar “ao servicio de ENCE”. E PP, Ciudadanos e PSOE rexeitaron a proposición de En Marea de incluír o eucalipto como especie invasora.

Do mesmo xeito que ENCE, Navigator, sendo un dos maiores produtores mundiais de pasta de eucalipto, foi moi crítico coas medidas de Portugal. No primeiro semestre de 2017 presentara beneficios récords de 96 millóns de euros, e cada ano ingresa máis de 1.500 millóns.
Joana Seixas, a Directora de Comunicacións de Navigator Company, xa definiu á súa empresa como comprometida “coa calidade, a innovación, a determinación e a conquista”. O grupo xera un 1% do PIB portugués.
Pero finalmente decidiron conformarse co nivel de actividade de compra estable que teñen en Galicia, con tres bases loxísticas en Coruña, Ferrol e Santiago, e buscar máis eucaliptos no sur de España. Así, ENCE consolida o seu dominio en Galicia.
Sinto decirvos que no rural galego queremos eucaliptos. Non hai mais que ver as cifras que dades.
Fan ben en prohibilo en Portugal, o que non produzan eles produciremolo nos, e tampouco están para andar con exquisiteces.
O eucalipto non arde mais ou menos que outras arbres, ten as súas particularidades, pero houbera o que houbera o resultado tería sido o mesmo.
O que sucede é que hai unha ofensiva contra os pequenos propietarios, os políticos queren “caparnos”, que non sexamos donos das nosas terras nin teñamos capacidade de decisión do que plantamos ou non plantamos.
Por iso o eucalipto estorballes moito, queren decidir eles quen o planta ou non, e non queren competencia.
Jaja. Que arde o eucalipto igual cas outras arbores autoctonas eso que llo digan os que traballamos apagando os lumes, moitos de eles aumenta a intencidade por culpa das cerrillas que plantan moitos propietarios do rural, que os plantan xa que non lles dan valor ningun a terra, pero que cando lles arden as suas fincas, carallo como se poñen e chaman a o servicio de extincion de incendios. Pero e verdade que moita xente planta esta plaga, pero tamen ahi moita xente que nos os quere ver, polo perigo para o medio ambiente, a xente e o futuro do rural, etc. Porque non vale que cada quen faga o que quere, porque pode provocar enfrentamentos entre os que o queren e os que non o queren. As leis estan para facer paz, senon os que os planta sen respetar nada, se poden encontrar con problemas non solo polo aumento dos lumes senon co aumento con outros intereses do monte.