InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas en Acción denuncian que o proxecto do Celta en Mos deixará...

Ecoloxistas en Acción denuncian que o proxecto do Celta en Mos deixará sen ‘auga de boca’ máis de 1.500 vivendas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción alertou este martes achega do risco que supón o proxecto Galicia Sports 360 (GS360) do Real Club Celta en Mos (Pontevedra) para os acuíferos e advirte de que a súa execución “deixará sen ‘auga de boca’ a máis de 1.500 fogares”.

Segundo sinalou a organización ecoloxista, os acuíferos aproveitan gretas e espazos baleiros entre rochas de granito para asentarse, e ao ser materiais impermeables non permiten grandes almacenamentos de auga, aínda que si pode aproveitarse o recurso a través de pozos, mananciais e fontes. Eses acuíferos de ladeira presentan unha alta vulnerabilidade á contaminación e son muuy sensibles á recarga ligada a episodios de precipitación.

O informe hidrolóxico encargado por Ecoloxistas en Acción alerta de que unha obra da envergadura da proxectada polo Celta no monte de Tameiga “é moi prexudicial e pon en risco nacementos e canles de regas, dada a fraxilidade da capa xeolóxica”. “As posibles novas gretas poden ser causa de modificacións, ben sexa a través de vibracións, voaduras ou movemento de terras”, sinala esta organización.

Así, incidiron en que o proxecto GS360 no lugar de Chan da Cruz “terá consecuencias moi graves tanto para as captacións de augas veciñais como para os distintos nacementos de regas”. Unha vez executado o proxecto, que afectará a 150.000 metros cadrados, “reducirase significativamente a capacidade de infiltración en toda a zona, denbida á propia transformación do relevo e aos movementos de terra en primeira instancia e, sobre todo, de modo permanente en todas aquelas áreas que se vexan sometidas a algún tipo de pavimentación”.

SEN INFORMES

Ecoloxistas en Acción tamén denunciou que “non constan” en informes emitidos pola Oficina de Planificación Hidrolóxica ou pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda unha análise desas captacións e traídas de augas preexistentes, nin tampouco posibles medidas de protección.

Estas traídas, lembraron, son anteriores á lexislación de augas e supoñen “un dereito previo lexitimamente adquirido polos seus usuarios”, que non teñen outro servizo de traída municipal de auga. Ademais, engadiron, o impacto das cimentacións dos edificios proxectos neses recursos “non foi considerado en ningún momento”, o que supón “unha flagrante vulneración da Directiva Marco da auga”.

O portavoz da organización, Cristóbal López, incidiu en que a execución do proxecto GS360, coa reclasifición de terreos, abrirá as portas a un “boom urbanístico” e ao incremento do tráfico rodado, unha presión que os acuíferos da zona “non poden soportar” e secaranse en canto haxa escaseza de precipitacións.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...