InicioMedio Ambiente e PatrimonioDeputación de Pontevedra e Concello de Moaña investirán 900.000 euros en recuperar...

Deputación de Pontevedra e Concello de Moaña investirán 900.000 euros en recuperar as carpintarías de ribeira

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, recibiu este martes no seu despacho á alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, para asinar un convenio de colaboración enmarcado no Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 e dotado de forma global con 900.000 euros para financiar un proxecto para a rehabilitación das carpintarías de ribeira da Seara.

Segundo este convenio, a institución provincial destinará a este proxecto case 690.000 euros, o 75 % do orzamento, mentres que o concello achegará o 25% restante, uns 230.000 euros. O proxecto, valorado en preto de 920.000 euros, céntrase na rehabilitación integral das carpintarías de ribeira de Casqueiro e Carlagho e na súa integración na contorna da praza e o paseo que bordea a praia da Xunqueira, na zona da Seara.

A intervención inclúe o retranqueo das fachadas das carpintarías de ribeira para permitir a servidume de tránsito, a posta en valor das costas-varadero, a reconstrución da carpintaría de ribeira de Casqueiro, volvendo recuperar a súa estrutura de madeira; e a conservación e mellora da fachada e estrutura da carpintaría de ribeira de Carlagho.

O obxectivo deste proxecto baséase na recuperación destes dous estaleiros tradicionais que viviron o seu auxe a comezos do século XX para o seu uso cultural e museístico. Segundo o convenio, o proxecto deberá estar executado antes do 30 de abril de 2025.

RECINTO FEIRAL DE SILLEDA

Por outra banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, visitou este martes o Concello de Silleda para asinar co alcalde, Manuel Cuíña, un convenio de colaboración a través do cal o goberno provincial financiará con máis 760.000 euros, o 85% do orzamento, o proxecto a mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana da avenida Recinto Feiral e a rúa Arturo Pérez Lázara. O concello achegará os 134.000 euros restantes.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...