InicioMedio Ambiente e PatrimonioCoñece todo sobre a ciencia mariña en Galicia da man do CIM

Coñece todo sobre a ciencia mariña en Galicia da man do CIM

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo continúa coa organización das súas xornadas de portas abertas cunha feira científica e visitas guiadas.

PUBLICADO O

O persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) volve á rúa para achegar a investigación mariña que se desenvolvea toda a cidadanía, dun xeito lúdico e apto para todas as idades. Tras as actividades do pasado 11 de novembro, o centro continúa organizando unha feira científica e visitas guiadas no marco das súas Xornadas de Portas Abertas, unha actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Concretamente, o venres 17 de novembro, en horario de 17:00 a 20:30 no Centro Comercial A Laxe, haberá unha serie de obradoiros de diferentes temáticas de investigación mariña baixo o título “Coñece o CIM na rúa”: fósiles mariños, nanopartículas, identificación de animais mariños por métodos xenéticos, pesca e cambio climático, etc. As actividades serán de libre acceso para un público familiar e non é preciso inscribirse. Simultaneamente, en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo (APV), persoal do CIM ofrecerá as persoas interesadas visitas guiadas á instalación permanente e visor subacuático “Nautilus” que a APV ten xunto ao Centro Comercial. As visitas serán de 16 a 18 horas e requerirán inscrición previa na web cienciasingular.gal.

estas actividades complétanse o sábado 18 de novembro coa celebración da acción “Embárcate co CIM”, na que as persoas participantes, previa inscrición, poderán subirse a un barco-aula para navegar entre o peirao da Laxe e a illa de Toralla. Durante o traxecto desenvolvéronse unha serie de actividades de observación, obtención de mostras de sedimento e organismos mariños e explicacións por parte de diversas persoas investigadoras do CIM. Xa na illa levouse a cabo unha visita guiada á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, principal infraestrutura científica do Centro de Investigación Mariña.

NA PROCURA DA VOCACIÓN CIENTÍFICA ENTRE OS MÁIS PEQUENOS

Con este tipo de iniciativas trátase de dar a coñecer a ciencia mariña e o traballo do persoal investigador do CIM, ademais de xerar vocacións científicas nas nenas e nenos que participan coas súas familias nestas xornadas. Concretamente, o director do centro, Daniel Rey, destaca que “temos a obriga de dar a coñecer o que facemos á sociedade, e non só iso, senón tamén visibilizar a relevancia que ten esa investigación para o noso futuro e para o futuro dos océanos. Ademais, é a ferramenta máis poderosa que temos para xerar vocacións científicas nas nenas e nenos que participan coas súas familias nestas actividades”.

O noso obxectivo é que a cidadanía coñeza o CIM e o traballo que realiza o seu persoal investigador, unha labor de gran relevancia tanto a nivel nacional como internacional da que moitas veces non se é consciente. Este ano quixemos as nosas xornadas fosen unha corrente de coñecemento mariño que espertase na cidade de Vigo o interese por descubrir a investigación que se realiza tan preto pero que ten repercusión a gran escala”, engadiu Daniel Rey.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...