InicioSociedadeO Biomercado de Tomiño triunfou entre a veciñanza na súa cuarta edición

O Biomercado de Tomiño triunfou entre a veciñanza na súa cuarta edición

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha vez máis, o Biomercado de Tomiño resultou todo un éxito, segundo celebran desde o Concello. Centos de persoas así o confirmaron coa súa visita ao longo da xornada, atraídos polos numerosos produtos e actividades ofertados.

Cestos/ Concello de Tomiño

Rexistrouse unha gran participación nos obradoiros de pan e xogos, tamén nas degustacións para todos os padais, a exposición e venda de produtos ecolóxicos ou a artesanía e gastronomía saudables.

Posto do BioMercado/ Concello de Tomiño

Non faltaron charlas sobre negocios emprendedores nin un toque musical da man de Sabela Cereijo e Cherry Sweet. Todas estas iniciativas puxeron de manifesto a consolidación do evento, que este ano chegaba a súa cuarta edición.

Posto artesanal no Biomercado/ Concello de Tomiño

Novidades coma a preparación e degustación de pratos con estrugas (ortigas) e os obradoiros de pan foron dúas das grandes atraccións, espertando o interese de persoas de todas as idades.

Obradoiro de pan/ Concello de Tomiño

Se ben a mañá rexistrou un bo número de visitantes, foi a tarde a que congregou maior afluencia de público.

Panorámica do mercado/ Concello de Tomiño

Asemade, as charlas sobre emprendementos no rural, nas cales os promotores contaban a súa experiencia, foron outro dos focos de atracción, rexistrando boa asistencia de persoas interesadas. E tamén, por suposto, as clases de ioga.

Clase de ioga no Biomercado de Tomiño/ Concello de Tomiño

 

O concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartglione, e demais organizadores, realizaron un balance moi positivo desta cuarta edición do Biomercado de Tomiño, tanto na cantidade e calidade dos postos que concorreron, coma na afluencia de público acadada.

Pimentón recén molido/ Biomercado de Tomiño

ÚLTIMAS

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

As solucións de Caballero para evitar que a AP-9 parta Teis pola metade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o inicio dos "traballos a fondo"...

O 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en Nigrán, a 50 Km

Esta mañá, ao redor das 10:30 horas, produciuse un incendio no aparcamento do Centro...

Os encoros galegos perden catro hectómetros de capacidade nunha semana, mentres setembro rexistra choivas por encima da media

Os encoros de Galicia continúan mostrando niveis estables, a pesar dunha lixeira diminución na...