InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminado un punto de vertedura de augas residuais procedente dunha instalación industrial...

Eliminado un punto de vertedura de augas residuais procedente dunha instalación industrial en Bueu

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou unha vertedura de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no concello de Bueu.

Segundo trasladou a Xunta, este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Verteduras, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.Os técnicos da administración autonómica identificaron a orixe do punto de vertedura nas operacións de baldeo que se realizaban no marco da actividade industrial cara a unha cuneta de pluviais sen depuración previa, que se producía en condicións inadecuadas.

Ante a deficiencia observada, os técnicos de Augas de Galicia requiriron aos responsables da instalación o cesamento da actuación que orixinaba esta achega irregular. Posteriormente, o equipo da Xunta, nunha nova inspección nas instalacións, comprobaron novamente a localización orixe da vertedura irregular, corroborando a emenda do foco de vertedura.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...