InicioMedio Ambiente e PatrimonioRescatado un cabalo que caeu nun depósito de auga en Moaña

Rescatado un cabalo que caeu nun depósito de auga en Moaña

O rescate tivo lugar o día 21 de abril polos membros da Garda Civil e a Comunidade de Montes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil rescatou o pasado venres, día 21 de abril, a un cabalo que caera nun depósito de auga da Comunidade de Montes en Moaña despois de que un particular alertara aos axentes

Por iso, unha patrulla desprazouse ao lugar, onde comprobou que o cabalo se atopaba en serio risco de afogamento, sendo incapaz de manterse á boia e respirando con moita dificultade tras meterse no recinto do depósito por un pequeno buraco do valo.

A rápida actuación dos axentes, en colaboración cos membros da Comunidade de Montes, permitiron salvar a vida do cabalo. “A tarefa foi complexa, pois o animal mostraba un alto grao de nerviosismo e, coas condicións climáticas adversas que había nese momento, o rescate foi difícil, pero afortunadamente puido realizarse con éxito”, sentenciou a Garda Civil nun comunicado.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...