InicioMedio Ambiente e PatrimonioBuscan unha fortificación altomedieval no alto do Monte Galiñeiro

Buscan unha fortificación altomedieval no alto do Monte Galiñeiro

Sería contemporánea a estudada xa no Monte do Faro de Budiño, no Porriño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O próximo luns, 27 de marzo, comeza unha campaña de escavación arqueolóxica no monte Galiñeiro, entre os concellos de Vigo e Gondomar. Esta intervención é froito da colaboración entre o proxecto de investigaicón ‘Castelos no aire’ e a Comunidade de Montes de Vincios (Gondomar). Os traballos serán realizados por investigadoras do grupo de investigación Síncrisis da Universidade de Santiago de Compostela e en colaboración coa empresa ‘Tempos Arqueólogos’.

“O obxectivo é coñecer máis sobre o asentamento fortificado que se conserva nas Gallas do Galiñeiro”, explica Mario Pereiro, director da intervención, “Este xa foi escavado nos anos 70, mais apenas se conservan datos sobre os resultados.” Esta intervención é froito de varios anos de traballo previo, onde se realizou unha prospección superficial do xacemento, procurando delimitalo e valorando a súa potencialidade.

‘Castelos no aire’ é un proxecto de investigación arqueolóxica centrada no estudo da Alta Idade Media (séc. V-X), principalmente a través das súas fortificacións e castelos. Polo tanto, Pereiro explica que considera que “esta fortaleza do Galiñeiro ten potencial de ter sido ocupada no período final da Alta Idade Media, de modo que sería contemporánea á fortaleza situada no cercano Faro de Budiño, fortificación xa investigada por nós no ano 2018.” Esta hipótese fundaméntase nas investigacións previas, mais “non é descartábel que fora ocupada noutros momentos do noso pasado.”

Esta campaña arqueolóxica estenderase até o venres 31 de marzo e ten como obxectivo coñecer a cronoloxía de ocupación da fortaleza. “O obxectivo deste ano é valorar a potencialidade do xacemento, unha vez coñecido isto, poderíase valorar outras actuacións, como a consolidación das evidencias construtivas,” comenta Pereiro.

Esta campaña estará centrada na escavación parcial dun tramo da muralla e de dous edificios situados intramuros. Ao igual que outras intervencións organizadas por ‘Castelos no aire’, esta campaña estará ‘aberta por escavación’, facendo posíbel a calquera achegarse ao xacemento durante os traballos e recibir unha explicación por parte do equipo.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...