InicioSucesosProsegue o traballo de extinción no Polígono A Granxa, sen ter que...

Prosegue o traballo de extinción no Polígono A Granxa, sen ter que lamentar feridos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballos de extinción do incendio declarado este mércores na planta de reciclaxe do Porriño proseguen tras unha noite na que os servizos de emerxencias, aclara a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), se centraron na refrixeración e confinamento de dous puntos de combustión no exterior da nave, nos que se almacenaba ferralla.

Deste xeito, os equipos de extinción seguen actuando sobre unha última zona afectada, aínda que avanzan que as tarefas se extenderán ao longo das horas. Non obstante, recordan que ningunha persoa resultou afectada e tampouco existe risco algún para a poboación.

Arestora, permanecen no punto os Bombeiros do Porriño, Salnés, Vigo, Pontevedra, así como o Grupo Municipal de Emerxencias de Mos e as agrupacións de voluntarios de Protección Civil do Porriño e de Mos.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Tamén, continúan no lugar os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que achegaron máis recursos e medios para seguir controlando e refrixerando o perímetro.

“Este incendio declarouse ás 15:25 horas de onte mércores, primeiro día de agosto, e acadou unha forte carga térmica debido á ferralla calcinada. Precisamente, esta carga de combustión é o que está a alongar as tarefas de extinción, mais o incendio mantense controlado, confinado e sen riscos para as persoas”, aseguran dende AXEGA.

Vídeo de Javier Freiría, membro da Policía Local do Porriño

Tras o inicio do lume, a AXEGA activou mediante o 112 Galicia o protocolo de colaboración transfronteiriza entre Galicia, o norte de Portugal e Castela-León en caso de emerxencia, ARIEM 112, para facilitar a extinción do incendio.

Desta forma, desde as primeiras horas, desprazáronse ao punto os Bombeiros do Porriño, do Morrazo, de Vigo, de Vilagarcía, de Ponteareas e de Valença. Tamén, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención de Protección Civil do Porriño, de Mos e de Viana do Castelo.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Ademais, os xestores do 112 Galicia alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias e pasaron o aviso á Garda Civil, a Augas de Galicia e á empresa subministradora da electricidade. Así mesmo, ao operativo sumáronse un helicóptero e persoal de Medio Ambiente.

A medida que foron reducindo o lume, comezaron a retirarse algúns medios ata o retén que agora mesmo e durante a noite continuou traballando na extinción.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón unha declaración institucional para condenar o ataque de Israel á flotilla humanitaria

O BNG de Vigo anunciou que este mércores levará á xunta de portavoces do...

Abel Caballero acusa a Deputación de Pontevedra de reter seis millóns de euros para obras dixitais e a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, abriu este martes unha nova fronte contra a...

Sanidade inviste 1,8 millóns de euros na nova área de cirurxía maxilofacial do Hospital Meixoeiro

A Consellería de Sanidade adxudicou por case 1,8 millóns de euros as obras da...

CIG volve manifestarse para pedir un novo convenio do metal con críticas a UGT e Comisións por “venderse”

A Confederación Intersindical Galega (CIG) saíu de novo este martes á rúa en Vigo...