InicioVigo e contornaMosDenunciado un condutor por circular de forma temeraria e derrapando nunha rotonda...

Denunciado un condutor por circular de forma temeraria e derrapando nunha rotonda en Mos

Foi identificado tras difundirse un vídeo por redes sociais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil denunciou un veciño de Mos, de 30 anos de idade, como autor dunha infracción por condución temeraria, tras difundirse un vídeo por redes sociais no que se lle ve accedendo a unha rotonda a gran velocidade, de forma temeraria e derrapando.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, axentes do subsector de Tráfico tiveron coñecemento dese vídeo o pasado 19 de setembro. Nas imaxes vese un BMW de cor azul, que accede a unha rotonda en Mos a unha velocidade inadecuada, dando un xiro completo á mesma e derrapando.

Os investigadores iniciaron as xestións para identificar o condutor autor desa manobra, que se produciu na tarde do sábado 17 de setembro, no quilómetro 155,700 da N-550 en Mos.

O pasado 21 de setembro, a Garda Civil localizou o propietario do coche, que recoñeceu que era quen conducía o día da infracción, polo que se lle formulou denuncia administrativa por condución temeraria. Esta infracción supón unha sanción de 500 euros e a perda de 6 puntos do permiso de conducir.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...