InicioCulturaO XIX Festival de Cans recibiu máis de 10.000 persoas no seu...

O XIX Festival de Cans recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso á primavera

A organización destacou que "un gran ambiente" e "un comportamento exemplar" por parte de quen asistiu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O XIX Festival de Cans, celebrado este pasado fin de semana, recibiu máis de 10.000 persoas no seu regreso ás datas primaverais. A metade do público pasou pola parroquia da localidade do Porriño o sábado, día grande do festival, no que a organización destacou que houbo “un gran ambiente” e “un comportamento exemplar” por parte de quen asistiu.

Segundo trasladou a organización, a principal afluencia produciuse nos concertos nocturnos de Amparanoia o venres e de Dakidarria e Los Vinagres o sábado, que encheron a carpa habilitada para a ocasión cunhas 1.500 persoas.

Á marxe dos concertos, resaltou tamén o “multitudinario” ‘Coloquio na Leira’ co director Daniel Monzón, ao que asistiron unhas 300 persoas que puideron coñecer máis das experiencias do cineasta mallorquino, autor de películas como Las leyes de la frontera ou Celda 211.

Ademais, tamén subliñou a “emoción e alegría” vivida na entrega dos ‘chimpines’ de prata ao actor Federico Pérez, o crítico cinematográfico Javier Tolentino e á veciñanza Marisol Troncoso e Alfonso González, xunto co premio de honra Pedigree 2022 á cineasta Margarita Ledo.

A pesar da “gran afluencia de xente” que se achegou a Cans, a organización subliñou que a aldea non viviu en ningún momento sensacións de abafo, cos espectadores repartidos nos “máis de dous quilómetros de perímetro por toda a aldea”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...