InicioSociedadeVigo suma case 100 novos casos de covid e baixan as hospitalizacións

Vigo suma case 100 novos casos de covid e baixan as hospitalizacións

A área conta con 80 pacientes en unidades convencionais de hospitalización --cinco menos-- e tres críticos --un menos--. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos casos abertos de covid-19 polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) en 24 horas alcanzaron os 1.483 —son 689 máis que a xornada anterior–, cos que as infeccións activas eleváronse a 14.798 –541 máis–. Con todo, a taxa de positividade das probas realizadas baixou ata o 20,6%.

A pesar do notable ascenso dos contaxios, de acordo cos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do luns, as hospitalizacións reducíronse a 697 ingresados, cino menos que os notificados este luns. O martes 19 de abril, hai exactamente unha semana, os hospitalizados eran 747, medio centenar máis.

En concreto, os ingresados son 679 pacientes de coronavirus ingresados en unidades convencionais –dous menos– e 21 en coidados intensivos –tres menos–. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumentou en tres, mentres que nas catro restantes descendeu. Entre as que baixaron está Vigo, con 80 pacientes en unidades convencionais de hospitalización –cinco menos– e tres críticos –un menos–. 

SOBEN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos ascenderon na última xornada ata os 14.798, que supoñen 541 que os rexistrados o luns, ao haber máis altas (934) que novos contaxios (1.481). A isto engádense cinco falecementos. Hai unha semana –martes 19 de abril–, había 12.972 infeccións activas, case 2.000 menos.

O ascenso é xeneralizado entre as áreas sanitarias fóra da de Ferrol, que baixa lixeiramente ata os 1.134 pacientes de covid, cinco menos que as cifras do luns. En canto ao resto, a área de Ourense sitúase á cabeza na subida dos casos activos (+113), seguida de Santiago (+111) e Lugo (+103). Tamén soben as de Vigo (+94), A Coruña (+58) e Pontevedra (+51).

Por tanto, con máis infeccións activas segue a área da Coruña e Cee, con 2.918; seguida da de Santiago e Barbanza, con 2.479; Vigo, con 2.374; Lugo, con 2.170; Ourense, con 2.032; Pontevedra e O Salnés, con 1.658; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.134.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado venres, 22 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos ascende a 1.123,78 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se sitúa en 555,47.

FALECE UNHA MULLER EN VIGO

As vítimas da pandemia pola covid-19 en Galicia aumentan a 3.329 despois de notificar a Consellería de Sanidade este martes outros cinco falecementos. En concreto, un deles corresponde cunha muller de 90 anos en Vigo, que finou o domingo 24.

ÚLTIMAS

O estaleiro vigués San Enrique remata con éxito o seu primeiro encargo para a eólica mariña

O estaleiro vigués San Enrique (antigo Vulcano) completou a entrega dos últimos paneis estruturais...

Arrinca en Vigo unha complexa operación para estabilizar a carga do portacontedores ‘María Francisca’

A Autoridade Portuaria de Vigo iniciou os traballos de eliminación e estabilización da carga...

Abel Caballero negociará con varias aerolíneas aproveitando a presenza de Vigo en Fitur

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que aproveitará a súa presenza e a...

Tres feridos despois de que un coche se saíse da vía e rematase empotrado nunha casa en Coruxo

Tres persoas resultaron feridas este martes ao saírse da estrada o vehículo no que...