InicioSociedadeFalecen outras tres persoas con covid na área viguesa

Falecen outras tres persoas con covid na área viguesa

Vigo mantén 93 persoas ingresadas e 2.186 casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 no conxunto de Galicia incrementáronse nunha vintena con respecto ao día anterior ao situarse en 583 –implican 21 máis--, tras subir os novos contaxios a 1.206 –medio milleiro máis que o día anterior– e os casos activos a 11.672 –supoñen 166 máis–. A taxa de positividade tamén experimentou un aumento ata o 24,83%.

Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, aumentan a 15 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha máis– e increméntanse a 568 as ingresadas en unidades convencionais –20 máis–, mentres que 11.089 persoas se atopan en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o martes 5 de abril– había 505 hospitalizados, 16 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e unicamente se alivia na de Ourense. En oconcreto na de Vigo segue unha persoa en críticos e hai 92 noutras unidades –dúas máis–.

AUMENTAN OS CASOS ACTIVOS

Tras o descenso dos casos activos da xornada anterior, volven aumentar segundo avanza a Semana Santa ao situarse en 11.672, que supoñen 166 máis, ao haber máis contaXios (1.206) que altas (1.032), ao que se suman oito falecementos.

Por tanto, fréase a tendencia descendente continua rexistrada tras a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións. Hai unha semana –o martes 5 de abril– había 12.636 infeccións activas.

As infeccións activas aumentan en seis das sete áreas sanitarias, coas de Ourense (+44) e Santiago e Barbanza (+44) á cabeza, seguidas de Lugo (+43), Pontevedra e O Salnés (+29), Ferrol (+18) e Vigo (+11), mentres que descenden na da Coruña e Cee (-24). Por tanto, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 2.190; seguida da de Vigo, con 2.186; Santiago e Barbanza, con 1.795; Lugo, con 1.659; Ourense, con 1.469; Pontevedra e O Salnés, con 1.289; e á cola segue a de Ferrol, con 1.070.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado venres, 8 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos sitúase en 775,53 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se reduce a 420,17.

VÍTIMAS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia aumentan a 3.262, despois de notificar Sanidade este martes outros oito falecementos rexistrados en tres xornadas pasadas, todos de persoas con patoloxías previas. En concreto en Vigo, o 8 de abril morreron dous homes de 72 e 73 anos e o día 9 de abril faleceu unha muller de 86 anos de idade .

ÚLTIMAS

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...