InicioVigo e contornaO PorriñoO Festival de Cans aposta polas mulleres feirantas na súa XIX edición

O Festival de Cans aposta polas mulleres feirantas na súa XIX edición

O documental realizado por Juanma Lodo diríxese este ano a aquelas mulleres que vendían os seus xéneros, tecidos ou rosquillas en festas e mercados ambulantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha das seccións do Festival de Cans, o obradoiro de iniciación á gravación, edición e montaxe Cans 303, un proxecto promovido pola organización e conducido polo realizador Juanma Lodo, volve ao formato presencial nesta XIX edición que se celebra do 18 ao 21 de maio, recuperando as datas orixinais do festival.

Das testemuñas sobre os negocios prohibidos do contrabando durante a posguerra, recollidos en Mulleres no estraperlo e estreada na pasada edición, a mirada do documental diríxese este ano cara ás mulleres feirantas de Cans, aquelas que vendían os seus xéneros, tecidos ou rosquillas en festas e mercados ambulantes.

Cans é unha aldea de gran tradición de feirantas, sobre todo nalgúns barrios como o da Carreira ou o Castillo. Nalgunhas casas hai ata tres xeracións de mulleres dedicadas a vender de xeito itinerante, unha tradición que se remonta á segunda metade do século XX e que chega ata os nosos días. 

Hai máis de 20 feirantas documentadas en Cans o que servirá como punto de arranque do documental que afondará neste modo de vida, onde as mulleres son unha das bases da economía familiar, coa intención de poñelas no centro do relato.

Como en anos anteriores, o curso pretende rescatar un anaco da memoria da aldea, para así indagar nalgúns momentos da súa historia, recoller os recordos das persoas de maior idade e promover a recuperación dun arquivo multimedia que contribúa a preservar a memoria e o patrimonio documental de Cans.

Con ese obxectivo, a organización fai un chamamento para que calquera persoa do Concello do Porriño ou arredores que coñeza a historia dalgunha destas mulleres e poida aportar información ou documentos fotográficos e/ou audiovisuais se poña en contacto co festival.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...