InicioSociedadeAliviase a presión hospitalaria na área de Vigo que segue sumando case...

Aliviase a presión hospitalaria na área de Vigo que segue sumando case o 30% dos casos de Galicia

Descenden a 20 os pacientes Covid en UCI --tres menos-- e baixan a 73 os ingresados noutras unidades.

PUBLICADO O

Galicia supera a unha semana do Nadal os 14.000 casos activos de Covid-19 ao ascender a 14.346, tras repuntar os novos contaxios a 1.247, polo que segue por encima do milleiro por terceira xornada consecutiva. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este corornavirus aumentan lixeiramente a 277 –un máis–, mentres que a taxa de positividade no conxunto da Comunidade galega mantense nun 11 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, descenden a 47 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos– e aumentan a 230 as hospitalizadas noutras unidades –tres máis–, mentres que 14.069 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria alíviase na de Vigo, onde descenden a 20 os pacientes Covid en UCI –tres menos– e baixan a 73 os ingresados noutras unidades –dúas menos–.

MÁIS DE 14.000 CASOS

Os casos activos de Covid-19 continúan en ascenso a unha semana da celebración de Nadal e sitúanse en 14.346, ao haber máis contaxios (1.247) que altas (732), ao que se engaden catro falecementos. O venres da semana pasada –o 10 de decembro– as infeccións sumaban 10.677. As infeccións activas ascenden nas sete áreas sanitarias galegas coa de Vigo (+83) en descenso con respecto a outros días. Con todo, segue sendo a que máis casos suma, con 4.561.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

A vivenda tutelada de Cogami en Mos contará con cinco novas prazas públicas financiadas pola Xunta

A vivenda tutelada de Cogami no municipio pontevedrés de Mos contará con cinco novas...

O TSXG acolle o luns a apelación da condena de 20 anos ao home que asasinou á súa veciña na rúa Zamora de Vigo

A sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...