InicioSociedadeA área de Vigo só ten dous pacientes Covid na UCI

A área de Vigo só ten dous pacientes Covid na UCI

Houbo oito novos contaxiados nas últimas horas.

PUBLICADO O

Os casos activos de Covid-19 en Galicia manteñen a tendencia descendente e caen a 1.563, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense a 57 –cinco menos que a xornada anterior–; e os novos contaxios seguen sobre o medio centenar. Pola súa banda, a taxa de positividade ascende a un 2,8 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este venres, con rexistros ata as 18,00 do xoves, baixan a 17 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –dúas menos– e a 40 as que permanecen noutras unidades –tres menos–. Mentres, seguen 1.506 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria alíviase en Vigo, onde caen a dous os críticos –un menos– e continúan dous noutras unidades.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Galicia mantén a tendencia descendente de casos activos de Covid-19, que se sitúan en 1.563, o que supón 114 menos que os rexistrados a xornada anterior, ao haber de novo máis altas (168), que contaxios (55), aos que se suma unha nova vítima mortal.

Así, Galicia continúa por baixo dos 2.000 casos activos de Covid-19 nos primeiros días do outono. Por áreas sanitarias, as infeccións activas caen en seis das sete, coa da Coruña e Cee á cabeza (-43), seguida da de Lugo (-26), Santiago e Barbanza (-21) e Vigo (-19).


MENOS DE 100 CONTAXIOS

Ao termo da semana os contaxios de Covid-19 mantéñense por baixo do centenar cun lixeiro incremento a 55, dous máis que os 53 rexistrados este mércores, tras alcanzar os 84 o mércores; descender a 48 o martes e arrincar a semana con 61. Os positivos con probas de diagnóstico de infección activa confirmados nas últimas 24 horas ascenderon a 57, que implican tres máis que a xornada pasada. Deles, oito, na área de Vigo.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...