InicioSociedadeSeguen baixando os casos activos na área de Vigo; só hai 700

Seguen baixando os casos activos na área de Vigo; só hai 700

Son 66 menos que o día anterior. A situación está estable nos hospitais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia continúa na liña de estabilidade e melloría que veñen marcando os indicadores nos últimos días, posto que os novos contaxios, aínda que se incrementaron levemente, seguen á baixa, con 176 casos. Descenden tamén as infeccións activas, que xa baixan da barreira dos 5.000 casos. Ademais, a presión hospitalaria tamén mellora, aínda que a un ritmo máis lento, con nove pacientes menos nos hospitais galegos. A taxa de positividade, ademais, é do 4,45% –por baixo do 5% que marca a OMS–.

Así, segundo a información notificada polo Sergas este xoves (con datos solicitados ata as 18,00 horas do martes), nas últimas horas confirmáronse 176 novos contagios por este coronavirus, o que supón 26 casos máis que os notificados a xornada anterior. Deles, 34 foron na área de Vigo, menos que na xornada anterior.  De feito, xa son 702 os casos activos (66 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, tamén en UCI. Así, as unidades convencionais de hospitalización contan con 117 pacientes (tres menos que hai un día), mentres que en UCI hai outros 43 hospitalizados (seis menos), deles, sete na área de Vigo (sen cambios).  En canto ás camas ocupadas en ‘planta’, descende o número en todas as áreas menos na de Santiago e Ourense, onde aumentan, e na de Vigo, que se mantén con 18 pacientes en unidades convencionais.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...