InicioVigo e contornaMosA Xunta anuncia a creación de medio millón de metros cadrados máis...

A Xunta anuncia a creación de medio millón de metros cadrados máis de chan industrial entre Mos e Redondela

Mos é un dos concellos que máis chan industrial e proxectos do ladriño está fomentando nos últimos anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou este xoves a creación do medio millón de metros cadrados de chan industrial entre os municipios pontevedreses de Mos e Redondela, no marco da modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG).

Así o comunicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, que visitou os terreos onde se asentarán eses usos, no concello de Mos, acompañada pola alcaldesa desta localidade, Nidia Arévalo, e por representantes empresariais.

O novo ámbito previsto está proxectado en Louredo e ocupará unha superficie de 498.272 metros cadrados, dos que 371.710 están en Mos e os 126.562 restantes están no termo de Redondela. Mos tamén promoveu a cidade deportiva do celta, un megaproxecto urbanístico de case 900.000 metros cadrados.

Segundo explicou a conselleira, esta zona permitirá dar resposta a gran demanda de chan industrial existente, e lembrou que xa só quedan cinco parcelas por vender no polígono mosense da Veigadaña. Anxos Vázquez recalcou a importancia da revisión do PSOAEG para esta área, pero tamén para o resto de Galicia, e explicou que o documento está en fase de avaliación ambiental, polo que se mantén o obxectivo de aprobalo inicialmente no último trimestre deste ano e, de forma definitiva, ao longo de 2022.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...