InicioVigo e contornaMosCatro feridos tras envorcar un vehículo en Mos na Autovía Vigo-Tui

Catro feridos tras envorcar un vehículo en Mos na Autovía Vigo-Tui

Aconteceu na noite deste domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridas nun accidente en Mos con dous coches inmplicados, segundo informa o servizo de emerxencias 112 no seu parte de incidencias.

Os catro feridos foron evacuados polos servizos sanitarios, dous ao Povisa de Vigo e os outros dous ao centro hospitalario Concheiro, tamén da cidade de Vigo.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ao redor das once desta noite pasada. Foi a esa hora cando varios particulares alertaban dunha colisión entre tres vehículos na A-55, nas curvas de Tameiga, dirección Vigo.

En concreto, indicaban que un dos vehículos envorcara despois de chocar contra a mediana da autovía e que os outros dous turismos chocaron contra el. Os Bombeiros do Porriño e os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiron ao momento ao non ter constancia nese momento se habia persoas atrapadas e feridas. Tamén, os axentes de Tráfico e os efectivos do Servizo de Emerxencias de Mos.

Unha vez no lugar, os Bombeiros descartaron o uso do material de excarceración e os axentes de Tráfico confirmaron que unicamente foron dous coches os implicados. Aínda que non parecían revestir gravidade, catro persoas precisaron ser trasladadas polos servizos sanitarios.

ÚLTIMAS

Cinco acusados da rede de explotación sexual en Vigo aceptan penas de ata un ano e nove meses de prisión

Cinco dos seis acusados pola rede de explotación sexual en chalés e nun local...

O PP de Vigo apunta a posibles prácticas colusorias na suspensión do contrato do bus urbano

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu explicacións ao goberno local pola...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Folga dos traballadores de Glovo en Vigo os dous próximos fin de semana para esixir melloras laborais e salariais

Traballadores de Glovo en Vigo e no resto da provincia de Pontevedra convocaron unha...