InicioSociedadeA área de Vigo supera xa os 4.000 contaxiados por Covid

A área de Vigo supera xa os 4.000 contaxiados por Covid

Houbo sete ingresos hospitalarios nun só día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia inicia a última semana do mes de xullo cun incremento da presión hospitalaria ao aumentar a 258 os pacientes hospitalizados, que supoñen 31 máis que o día anterior, pero cun lixeiro descenso dos novos contaxios a 1.115, que implican 255 menos que a xornada pasada. Os casos activos soben ata os 17.298 e a taxa de positividade repunta a un 15%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, na área de Vigo seguen catro en críticos e soben a 39 os doutras unidades –oito máis–.

CASOS ACTIVOS

Galicia suma xa 33 xornadas consecutivas de aumento dos casos activos que ascenden a 17.298, que supoñen uns 6.200 máis que o luns anterior, ao haber de novos máis contaxios (1.115) que altas (570), ao que se engade un falecemento.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas crecen en 150 na de Vigo, que supera xa os 4.000, cun total de 4.065.

NOVOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense desde o martes pasado por encima do milleiro, aínda que se reduciron con respecto á xornada pasada ao situarse en 1.115, que representan 255 menos que os 1.370 do día anterior.

En toda a Comunidade galega foron confirmados 1.170 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que supoñen 255 menos que o día anterior, dos cales 282 corresponden á área sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

A CIG chama a mobilizarse o 10 de marzo contra a precariedade no Día da Clase Obreira Galega

A CIG presentou este xoves en Vigo os actos previstos para o Día da...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...