InicioVigo e contornaMosAcusan á Xunta de "complacencia" coas obras do Celta condenadas pola Xustiza

Acusan á Xunta de “complacencia” coas obras do Celta condenadas pola Xustiza

Ecoloxistas en Acción asegura que o órgano urbanístico da Xunta desestimou unha denuncia que logo si foi atendida polos tribunais.

PUBLICADO O

Novo episodio na polémica polas instalacións deportivas do Celta de Vigo en Mos. A construción deste complexo vén de ser botado abaixo polos tribunais, que despois de múltiples denuncias de asociacións ecoloxistas e Comunidade de Montes do Tameiga acaban de revogar unha das licencias concedidas polo concello de Mos e obrigar ao consistorio a revisar a segunda.

A condena á cidade deportiva do Celta chega así tras longos meses de loita, nos que estas plataformas levaron en reiteradas ocasións ante a Fiscalía as irregularidades que, aparentemente, penden sobre o complexo deportivo proxectado en Mos. Entre estas asociacións denunciantes atopouse Ecoloxistas en Acción Galiza, que agora acusa á Xunta de “complacencia” coas “ilegalidades” rexistradas na cidade deportiva de Mos.

En concreto, dende a asociación verde sinalan á Conselleira de Medio Ambiente, da cal dependería a Axencia de Protección da Legalidade Urbanísitica; e que, segundo a plataforma, conta agora cunha “mancha” no seu historial pola suposta pasividade manifestada ante a problemática da cidade deportiva de Mos.

De acordo con Ecoloxistas en Acción, a suposta connivencia entre a APLU e o Celta de Vigo tería tido lugar a raíz dun dos recursos interpostos pola asociación, no que denunciaban o feito de que as licencias municipais outorgadas ao club vigués contemplaban a construción de distintas infraestruturas sobre chan rústico de especial protección.

DENUNCIA ARQUIVADA

Destacan que, “a pesar das evidentes ilegalidades”, o organismo dependente da Xunta optou por arquivar a denuncia formulada porque constaba que o club vigués contara con “título habilitante” para “amparar a execución das obras”.

Porén, dende a asociación subliñan que a cuestión de fondo “non era a existencia ou non” deste título, senón –“ como di a propia maxistrada xuíz titular do Xulgado do contencioso administrativo nº 3 de Pontevedra”– “determinar se os acordos municipais discutidos aquí […], amparan ou non unha implantación por unha entidade privada dunhas instalacións en chan rústico […]”, extremo que a APLU non considerou resolvendo o arquivo da denuncia dos ecoloxistas.

“COMPLACENCIA” CON OBRAS “ILEGAIS”

Ecoloxistas en Acción resalta, neste aspecto, o “contraste” entre a “complacencia” da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística coas obras “ilegais” e a “contundente sentencia do xulgado do contencioso nº3 de Pontevedra que declara fóra de ordenamento xurídico as obras da cidade deportiva do Celta”.

“O desentendemento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ante as denuncias presentadas por Ecoloxistas en Acción fai que a reputación da axencia quede en entredito ante a condena ditada pola Xustiza que anula a licenza de obra outorgada pola xunta de goberno local. A organización ecoloxista sinala que a APLU se negou a tan sequera atender a petición de realizar unha inspección visual das obras”, engaden.

Por iso piden á conselleira de Medio Ambiente que obriga á APLU a se retractar sobre o expediente artellado a raíz da denuncia de Ecoloxistas en Acción, solicitando asemade o “recoñecemento público da irresponsabilidade na que incorreu non cumprindo o mandato legal administrativo de revisión de oficio dunha licenza de obra”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...