InicioSociedadeUnha asociación viguesa, candidata aos premios cidadáns da UE

Unha asociación viguesa, candidata aos premios cidadáns da UE

A asociación 'A auga é vida' loitou contra a construción dun centro comercial en Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha plataforma afincada na área de Vigo, candidata aos Premios Cidadán Europeo 2021. O Parlamento Europeo vén de anunciar que ten xa sobre a mesa a candidatura da asociación ‘A Auga é Vida’, que leva anos implicada na reivindicación da biodiversidade e a protección da auga “como ben de acceso universal”.

O colectivo naceu hai máis de tres anos para defender os mananciais e o patrimonio natural do concello de Mos “fronte ás pretensións de construír un macrocentro comercial” en terreos comunais que segundo explican terían sido cualificados como “rústicos de protección forestal”. A plataforma nacía así como resultado da agrupación das comunidades de augas afectadas pola recalificación dos terreos de protección forestal, xunto coa Asociación de Veciños da Portela, a Comunidade de Montes de Tameiga e numerosas persoas comprometidas coa defensa dos mananciais e o patrimonio natural.

A plataforma poderá optar, deste xeito, aos premios que o Parlamento Europeo convoca todos os anos para premiar esas persoas ou colectivos que traballan en defensa dos dereitos fundamentais e os valores fundacionais da Unión Europea. Entre eles destaca a protección do medio ambiente e a necesidade de poñer en marcha políticas que garantan un desenvolvemento sustentable, circunstancia que podería valer a estes veciños da área de Vigo o recoñecemento en cuestión.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...