InicioVigo e contornaO PorriñoUn veciño do Porriño identifícase como diplomático da 'República Errante de Menda...

Un veciño do Porriño identifícase como diplomático da ‘República Errante de Menda Lerenda’ ao ser detido

O home era buscado por un xulgado xunto coa súa parella por non escolarizar os seus fillos. Tras der arrestado dixo "non ten obriga" de escolarizalos xa que "non recoñece" o Estado español.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local do Porrriño detivo a un veciño desta localidade sobre o que pesaba unha orde de arresto dun xulgado de Vigo e que se identificou como diplomático do “mini estado” da ‘República Errante de Menda Lerenda’.

O arrestado, segundo informa este domingo o concello porriñés, foi localizado nun control da policía municipal na avenida Domingo Bueno. Ante o requirimento dos axentes, non lles mostrou o seu DNI, senón un papel que, supostamente, acreditaba a súa condición de diplomático desa ficticia nación.

Os axentes procederon ao seu traslado ao cuartel da Garda Civil para a súa identificación. Resultou ser un veciño do municipio de 44 anos idade que era buscado xunto coa súa parella por un xulgado vigués por non escolarizar os seus fillos, que abandonaron o colexio ao que asistían en Mos o pasado mes de decembro alegando que marchaban a vivir a Portugal.

Cuestionado por este asunto, o individuo asegurou que “non ten obriga” de escolarizalos xa que “non recoñece” o Estado español e a educación docente dos seus fillos desempéñase na súa casa e corre a cargo dos seus proxenitores.

Tras ser identifacado no cuartel da Garda Civil, o home foi levado ás dependencias da Policía Local do Porriño en calidade de detido. Alí, no momento en que se lle leron os dereitos, solicitou que fose avisado “o cónsul” da Repúblca Errante do Menda Lerenda.

A continuación, prestou declaración ante o xulgado, onde se ratificou na súa negativa a recoñecer a súa condición de cidadán español e, mesmo, negando ser a persoa identificada polos axentes, apelando ao seu suposto nome nese Estado ao que di representar.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...