Vigo suma 47 positivos e rexistra un aumento nos ingresos por Covid

A taxa de positividade das probas sitúase no 1,5%.

Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa / Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa.

A área sanitaria de Vigo suma 47 novos positivos nas últimas 24 horas, sen variacións respecto da xornada previa, segundo recollen os datos da web da Consellería de Sanidade. Con cifras solicitadas ata as 18,00 horas deste luns, a administración informa de que Vigo suma 25 novos casos activos e sitúase, así, nun total de 1.329 contaxios. Mantense, xa que logo, como a área galega máis afectada.

 A taxa de positividade das probas sitúase no 1,5%. Isto supón que Vigo se mantén por baixo o limiar do 5% que establece a Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia.

En canto ás hospitalizacións, a área sanitaria de Vigo suma seis ingresados máis e sitúase nos 62, dos que 14 –dous máis– están na UCI.

GALICIA

Consellería de Sanidade notifica este martes 227 novos positivos por covid-19 en Galicia en 24 horas, case un centenar menos que o día anterior e tras realizarse ao redor de 8.000 PCR, unha cifra similar. Con todo, os datos tamén reflicten que tanto a presión hospitalaria, con 375 persoas ingresadas, como a cifra de casos activos, que se sitúa en 5.598, volveron a subir por segundo día consecutivo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here