InicioSucesosA Garda Civil intercepta a un porriñés que conducía ebrio e drogado...

A Garda Civil intercepta a un porriñés que conducía ebrio e drogado tras perder tódolos puntos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil pertencentes ao Destacamento do Porriño sorprenderon na madrugada do pasado sábado, día 23, a un veciño do Porriño cando circulaba pola estrada comarcal EP-2401 (Porriño- Mosende), no término municipal de Porriño, logo de perder a totalidade dos puntos do seu permiso de condución.

Este condutor, de 34 anos, e veciño de Torneiros- O Porriño, foi interceptado nun dispositivo especial de vixilancia e control de multirreincidentes cando regresaba ao seu domicilio.

Ten un amplo historial de antecedentes por delitos de circulación e deu resultado positivo nas probas de alcohol e drogas. Como consecuencia destes feitos, os axentes instruíron dilixencias por delito contra a seguridade vial, a entregar no Xulgado de Instrución e garda do Porriño.

Neste senso, as patrullas da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra teñen entre os seus obxectivos prioritarios para contribuír á mellora da seguridade vial na provincia o control destes condutores multirreincidentes.

Para iso, axentes uniformados observan dende vehículos camuflados aos condutores que utilizan os seus automóbiles co carnet retirado por resolución xudicial ou tras perder todos os puntos asignados.

Con esta vixilancia intensiva, tratan de retirar a este tipo de condutores das vías públicas polo potencial risco que supón a súa presenza nelas. As condenas xudiciais e as perdas de puntos dos investigados derivan xeralmente da comisión de condutas viais delituosas ou de grandes infraccións relacionadas co alcohol, as drogas ou os grandes excesos de velocidade.

A tal fin, os axentes especializados na detección deste tipo de infractores inciden dunha forma especial nas vías próximas ás vivendas dos investigados, estudan os seus posibles itinerarios e establecen controis nas estradas comarcais, onde teñen unha maior sensación subxectiva de impunidade.

ÚLTIMAS

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...

Vigo convértese na capital atlántica da biotecnoloxía co ‘Galicia Biodays’

O Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá os próximos días 6...

Rueda inaugura as obras do IES Domingo Villar de Vigo con protestas pola folga de educación

Por outra banda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP deu este martes...