InicioSociedadeA doutora de Baiona Nieves Turienzo, nova presidenta de Médicos del Mundo...

A doutora de Baiona Nieves Turienzo, nova presidenta de Médicos del Mundo en España

Esta facultativa tamén traballou en PACs de varios municipios da área viguesa, e en consultorios de Tomiño, Val Miñor e Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A doutora Nieves Turienzo, médico de familia do centro de Saúde de Baiona (Pontevedra), foi elixido presidenta de Médicos do Mundo para España, unha ONG coa que leva 15 anos colaborando.

Segundo informou o Sergas, esta facultativa, que foi elixida entre 14 candidatos de todo o Estado, leva 25 anos traballando no Servizo Galego de Saúde e, antes de recalar no ambulatorio de Baiona, traballou en PAC de varios municipios da área viguesa, e en consultorios de Tomiño, Val Miñor e Mos.

Nieves Turienzo destacou que o seu obxectivo á fronte de Médicos del Mundo en España é “manter as liñas estratéxicas planificadas na organización”, adaptándoas á situación da pandemia de COVID. A ese respecto, sinalou que todos os proxectos se axustaron a este contexto e se reorientaron “ás persoas en risco de exclusión social”.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...