A área de Vigo continúa como a de maior incidencia da pandemia, tanto no que respecta a contaxios totais coma no que respecta aos centros educativos.
Os colexios desta área sanitaria suman un total de 341 positivos –aínda que baixaron en tres con respecto ao venres– e nove aulas pechadas. Desta zona, o centro máis afectado é o CPR Plurilingüe O Castro de Vigo, cun total de 13 casos activos de covid-19. Tras este, está o CIFP Manuel Antonio, con 10 positivos; o CEIP Balaídos, con oito; e o CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago, con outro oito.
No conxunto de Galicia, a comunidade educativa continúa á baixa nos casos activos da enfermidade, ao baixar en sete nun día e colocarse no total de 1.187.