InicioSucesosEvacuada unha muller tras ser atropelada polo seu vehículo ao aparcar sen...

Evacuada unha muller tras ser atropelada polo seu vehículo ao aparcar sen freo de man en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi evacuada por persoal sanitario despois de ser atropelada polo seu propio vehículo ao estacionalo sen freo de man no municipio de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 21,30 horas unha persoa particular chamou ao servizo de emerxencias para solicitar asistencia sanitaria para unha muller que acababa de ser atropelada polo seu coche despois de tentar paralo ao darse conta de que esquecera porlle o freo de man.

“No medio á tentativa de recuperación da estabilidade do vehículo, a inercia do seu desprazamento acabou por alcanzar a condutora e chocar contra outros dous turismos aparcados”, sinalaron as mesmas fontes.

Con esta información, os xestores do 112 pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño e aos membros de Emerxencias de Mos. A ferida foi trasladada ao centro sanitario de Fátima, sinalaron as mesmas fontes. Tamén formaron parte do operativo mobilizado axentes da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...