InicioCulturaÉxito en Mos da xuntanza tradicional de palilleiras

Éxito en Mos da xuntanza tradicional de palilleiras

PUBLICADO O

- Advertisement -

A tradicional Xuntanza de Palilleiras con motivo das Festas da Rosa de Mos chegou este
ano á súa undécima edición. O número de participantes ascendeu a 500, pero ao longo
do día de sábado pasaron por Costoias máis de 800 persoas, entre palilleiros, participantes e visitantes.

A XI Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos celebrouse en Costoias- Tameiga dende as 10.30 horas. E pola tarde achegouse ata alí a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da concelleira de Cultura, Sara Cebreiro.

Xuntanza de palilleiras / Concello de Mos

A Xuntanza de Palilleiras é xa un referente para un gran número de asociacións que dende moitos puntos de España se achegan a Mos cada ano. Nesta ocasión visitaron a localidade mosense asociacións de palilleiras chegadas dende O Porriño, Val Miñor, Baixo Miño, Silleda, Ponteareas, Pontevedra, Valga, Ames, A Coruña, Camariñas, Redondela, Salvaterra, A Guarda, Ourense, Moaña, Bueu, Fene, Vilanova de Arousa, Cambados e Ferrol.

Procedentes doutras comunidades autónomas, chegaron por primeira vez palilleiros procedentes de Asturias e Castela León. A de Mos é unha xuntanza diferente á de outros concellos, xa que ten lugar ao aire libre, nun entorno como o Parque de Costoias.

Xuntanza de palilleiras / Concello de Mos

A xornada de encontro contou tamén coa actuación dos alumnos da escola Maison ás 12.30 horas, ás 17.00 horas un desfile de moda infantil e para adultos con prendas íntegramente deseñadas e confeccionadas polos membros da Asociación de Palilleir@as de Mos, con diferentes tipos de encaixe do mundo pero primando sobre todos eles o encaixe popular-torchón.

Ás 17.30 horas, chegou o turno dun Flashmob da Muiñeira de Mos co gaiteiro mosense compositor da mesma, Xulio Lorenzo, e o acto de clausura foi ás 19.30
horas.

A concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e a directora da Axencia de Turismo de
Galicia, Nava Castro, recibiron de mans da directiva da Asociación de Palilleiros de
Mos sendos detalles de deseño e confección propios.

A primeira, uns zapatos con detalle en encaille de bolillos e, a segunda, un paraugas e unha pulseira de artesanía palilleira mosense. Ambas, Castro e Cebreiro, animáronse a desfilar con cadanseus complementos a petición do público e dos membros da Asociación.

Xuntanza de palilleiras / Concello de Mos

En premio ao seu bo facer, a Asociación de Palilleiros de Mos foi convidada ao
30 Aniversario do Encontro Mundial de Artesanía de Novadrate (Italia), a onde asistirán
o vindeiro mes de outubro.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...