InicioSucesosInvestigan o dono duns cans que puideron matar varias galiñas e coellos...

Investigan o dono duns cans que puideron matar varias galiñas e coellos en Mos

O home tiña uns 40 cans, algúns de razas perigosas, e non todos co chip de identificación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga por un delito de danos ao propietario duns cans que supostamente entraron na propiedade dun veciño de Mos e causáronlle a morte de varias galiñas e coellos.

Segundo informou o Instituto Armado, as investigacións realizadas polos efectivos do Posto da Garda Civil de Mos e o equipo do Seprona de Vigo iniciáronse por mor da denuncia que presentou este veciño do municipio, na que relatou que os cans entraran na súa propiedade e, ademais de causarlle “graves danos nos galiñeiros”, matáronlle todas as galiñas e coellos que tiña.

O valor dos danos denunciados ascende a uns 2.000 euros, sinalaron as mesmas fontes. Unha vez identificado o propietario dos cans, os efectivos da Garda Civil, acompañados dun axente ambiental da Xunta, inspeccionaron o interior da leira do propietario dos cans, que resultou ser un veciño do mesmo municipio, de 44 anos, con varios antecedentes policiais por motivos similares.

“No interior da leira sitúase unha construción con finalidade de canceira que non se atopa dada de alta e cuxas condicións de construción e salubridade non se axustan á normativa vixente”, sinalaron as mesmas fontes.

Ademais, púidose comprobar que este veciño tiña 40 cans, algúns de razas perigosas, e non todos co chip de identificación, subliñou a Benemérita. Pola súa banda, esta persoa tampouco ten autorización para xestionar o núcleo zoóloxico que conforman os cans que ten, “nin acredita a súa condición de criador ou vendedor de cans potencialmente perigosos”, engade.

As comprobacións levadas a cabo concluíron coa notificación deste veciño como presunto autor dun delito de danos como responsable dos cans que supostamente causaron a morte das galiñas e coellos do seu veciño.

As dilixencias foron entregadas no xulgado de garda do Porriño, no que terá que personarse cando sexa requirido. Ao mesmo tempo formuláronse varias denuncias por distintas infraccións administrativas relacionadas principalmente cos rexistros documentais e microchips dos animais, así como á lei 4/2017, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, que foron remitidas á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...