InicioSucesosA Garda Civil auxilia un camioneiro polaco que quedou sen carburante no...

A Garda Civil auxilia un camioneiro polaco que quedou sen carburante no Porriño

A circulación restableceuse con normalidade horas máis tarde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil, do Destacamento de Tráfico do Porriño, auxiliaron nas últimas horas ao condutor dun camión, de nacionalidade polaca e de 24 anos de idade, que quedou sen carburante na A-52 e tivo que deixar o seu vehículo parado nunha zona de escasa visibilidade.

Os feitos ocorreron na tarde deste martes, cando unha patrulla de axentes detectou a presenza dun camión parado no quilómetro 306 da autovía, nunha curva con escasa visibilidade, e sinalizado unicamente cun triángulo que non era facilmente visible.

O vehículo estaba a ocupar parte dun dos carrís de circulación no entroncamento das autovías A-52 e A-55, e o condutor non se atopaba no seu interior, polo que se activaron os servizos de mantemento do viario para sinalizar correctamente a incidencia e os axentes regularon o tráfico para evitar accidentes.

Pouco despois, a Garda Civil puido localizar ao camioneiro, que se atopaba nunha gasolineira a uns tres quilómetros. O home explicou que viña de entregar subministracións para automoción e que non se decatou da falta de combustible no vehículo.

Tras conseguir o carburante, os axentes acompañárono ao lugar onde estaba o camión para facer a reposición de emerxencia e conseguiron arrincalo. A circulación restableceuse con normalidade sobre as 22,00 horas sen outras incidencias.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...