InicioSociedadeVigo remata este domingo con catro novos falecidos pola Covid-19

Vigo remata este domingo con catro novos falecidos pola Covid-19

Non se rexistrou ningún novo positivo por coronavirus durante a xornada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este domingo finaliza cun repunte de falecidos pola Covid-19. No conxunto de Galicia, 15 persoas perderon a vida nesta xornada a causa da enfermidade, catro delas estaban ingresadas en hospitais de Vigo: un home de 88 anos en Povisa; e dúas mulleres de 92 e 85 anos e un home de 74 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Todas elas contaban con patoloxías previas.

De acordo co parte emitido este domingo pola Consellería de Sanidade, ao longo da xornada do sábado tamén se produciu un novo falecemento na residencia DomusVi Barreiro, en Vigo, que xa acumula 12 vítimas mortais.

Esta xornada non se rexistrou ningún novo positivo por coronavirus.

GALICIA

Os casos activos de coronavirus en Galicia suman 32 contaxios detectados máis e chegan aos 6.856, mentres que as altas tamén aumenta ata as 1.803 (+20) e diminúe o número de persoas ingresadas na UCI a 85 (-5). A Dirección de Saúde Pública da Consellería de Sanidade ofreceu os datos actualizados este domingo, que reflicten un incremento do 0,47% nos casos activos con respecto ao sábado, o crecemento do 1,12% das altas e o descenso do 5,56% dos ingresados na UCI.

Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...